19 [= Tav 103,1]
Dizer-vos quer’eu, mia senhor

Dizer-vos quer’eu, mia senhor,
de qual guisa vos quer’eu ben,
e Deus non me dé [de] vós ben
se vos de nulha ren mentir:
quantos oje no mundo son
nen foran nen ja máis seran
nunca quiseron nen querran
nen queren gran ben a molher
com’eu vos quer’, e non me val
contra vós nen esto nen al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10

Manuscritos


B 45

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 659 [= LPGP 673]); Littera (2016: II, 175-176).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 14); Machado & Machado (1949: I, 60); Rios Milhám (2017: I, 19).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 102).

Variantes manuscritas


1 Dizer-vos] Diz ernꝯ B   7 querran] que\i/ram B   8 queren gran] que tam gram B   9 com’eu vos] comenuauos B   10 vós] nos B; nen esto nen al] nō esto neu al B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   3 dé] dê Michaëlis, Littera   4 vos] vus Michaëlis   8 gran ben a] tan gran ben Michaëlis : tam gram bem Littera   9 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Quero dicirvos, miña senhor, de que maneira vos amo, e pídolle a Deus que non me conceda o voso ben se eu mentir dalgún modo: (II) cantos homes hai, houbo e haberá no mundo nunca quixeron nin quererán nin queren ningunha muller tanto (III) como vos eu quero a vós, mais nin isto nin outra cousa me é de axuda en relación a vós.

Métrica


Cantiga de amor, do tipo de mestría. Consta de dúas estrofas singulars de catro octosílabos agudos e fiinda de dous versos da mesma medida e carácter.

Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8c + 8d 8d

Notas


Texto
  • *

    Non é descabido pensar que esta cantiga, cunha estrutura métrica estraña, estea talvez incompleta ou se conservase fragmentaria. É por isto que en Brea (1996: 673-674), seguindo a opinión de Resende de Oliveira, se considera que o texto pertence a dúas diferentes cantigas: a primeira (Tav 103,1) estaría constituída polos vv. 1-4, mentres que a segunda (Tav 103,3bis) estaría composta polos seis restantes.
    Pola súa parte, Montero Santalha (2000: 244) reestrutura metricamente o texto, con algunhas importantes emendas editoriais, para acomodar a estrutura rimática:
        Dizer-vos quer’ eu, mià senhor, | de qual guisa vos quer’ eu bem
            (e Deus non me [dê] de vós bem
            se vos mentir de nulha rem):
        quantos hoje no mundo som,
    | nem forom nem jamais serám,
             nunca quiserom nem querrám
        nunca tam gram bem a molher
    | com’ eu a vós. E nom me val
            contra vós nem esto nen al.

    Canto á nosa edición, sen indicación obxectiva no cancioneiro de se tratar de dúas cantigas diferentes, optamos por respectar a lección do manuscrito; porén, a teor da estrutura métrico-rimática, consideramos a existencia de dúas estrofas con dous versos finais a modo de fiinda. Por outra banda, tal e como fica esta cantiga, a ligazón sintáctica e discursiva fai que probabelmente, como cantiga completa, fose unha cantiga ateúda.

  • 3

    A ausencia da preposición de prodúcese por un erro evidente de copia (haplografía).

  • 7

    É frecuente a grafía <ir> (= <rr>) nos apógrafos italianos, especialmente en B. Esta, que se rexistra con moita frecuencia no verbo morrer, crea, por veces, problemas interpretativos con outras formas, como querra / queira, como aquí se verifica (véxase Tavani 1963).

  • 8

    Perante a hipermetría, Michaëlis e Littera expunxiron a preposición a nunha construción que, malia ter uso no corpus (cfr., por exemplo, non cuido que oj’ome quer / tan gran ben no mund’a molher, 594.6-7), é máis frecuente sen preposición (así, por exemplo, Ome que gran ben quer moller / gran dereit’á de trist’andar, 68.1-2). Porén, ao emendarse o texto manuscrito <que tam> en queren, desaparece o teórico intensificador tan, podendo, así, conservarse o enlace preposicional.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado