1111 [= Tav 64,27]
Senhor, por vós ei as coitas que ei

Senhor, por vós ei as coitas que ei,
e per Amor, que mi vos fez amar,
ca el sen vós non mi-as podera dar,
nen vós sen el; e por esto non sei
se me devo de vós queixar, senhor,
máis destas coitas que ei, se d’Amor,
ca muitos vej’a que ouço dizer
que d’Amor viven coitados, non d’al,
e a min del e de vós me ven mal;
e por aquesto non poss’entender
se me devo de vós queixar, [senhor,
máis destas coitas que ei, se d’Amor].
Pero Amor nunca me coitas deu
nen mi fez mal senon des que vos vi,
nen vós de ren se ant’el non foi i;
e por estas razões non sei eu
se me devo de vós queixar, se[nhor,
máis destas coitas que ei, se d’Amor].
E, por Deus, fazede-me sabedor
se m’ei de vós [a] queixar, se d’Amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1109, V 700

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 490-491); Zilli (1977: 80-81 [= LPGP 424]); Littera (2016: I, 476-477).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 247); Braga (1878: 134); Machado & Machado (1956: V, 158-159).

Variantes manuscritas


5 queixar] q̅eyxar B   6 coitas] coyta B   7 muitos] muytus V   8 non] nē B   9 ven mal] nē ma V   10 poss’entender] posseu tender B   11 vós] uꝯ BV   13 coitas] coyta V   16 eu] om. V

Variantes editoriais


2 vos] vus Zilli   3 podera] poderá Nunes   7 muitos] muytus Zilli; que] quem Littera   8 coitados, non] coitadus nen Zilli   11 vós] vus Zilli   14 vos] vus Zilli

Paráfrase


(I) Señora, por vós teño as coitas que teño, e por Amor, que me fixo amarvos, porque el sen vós non mas podería dar, nin vós sen el; e por isto non sei se me debo queixar de vós, señora, por estas coitas que teño, se de Amor, (II) porque vexo moitos a quen lles sinto dicir que viven coitados de Amor, non de outra cousa, e a min vénme mal del e de vós; e por isto non podo entender se me debo queixar de vós, señora, por estas coitas que teño, se de Amor.

(III) Pero Amor nunca me deu coitas nin me fixo mal senón desde que vos vin, nin vós (me fariades mal) se eu ante el non fose alí; e por estas razóns non sei eu se me debo queixar de vós, señora, por estas coitas que teño, se de Amor.

(1) E, por Deus, facédeme saber se me hei de queixar de vós, se de Amor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:108) + 10c 10c

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, con unión sintáctico-discursiva causal entre as dúas primeiras estrofas e con ligazón adversativa entre as estrofas II e III mostra un certo carácter de cantiga ateúda atá fiinda, xa que a ligazón adversativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantiga 55 e 74.

  • 7

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<muytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 8

    A cláusula negativa solicita o adverbio non (non d'al), que neste caso é proporcionado pola lección de V, aínda que Zilli adopta o texto de B, que fica semántica e sintacticamente anómalo: ca muitos vej’a que ouço dizer / que d’Amor viven coitados *nen d’al.

  • 11

    A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra ás veces nos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe outra pasaxe con diferente lección conforme os manuscritos: 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 15

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 20

    No derradeiro verso da cantiga é necesario solucionar a hipometría que, probabelmente, se debe á omisión, por parte dos copistas, do nexo preposicional da perífrase verbal aver + a + infinitivo: se m’ei de vós [a] queixar, se d’Amor.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado