I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 160-161 [= LPGP 692-693]); Pousada Cruz (2013: 161-162); Littera (2016: II, 180).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 76); Carter (2007 [1941]: 45); Machado & Machado (1949: I, 288); Camargo et alii (1995: 63-64); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 164).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 357).
2 com’ome] come homen B 5 querrei] querei A : queirei B 6 eno] nō B 7 m’El á] mela a B 8 mi-á ‘questo] ma aq̄sto B 9 mund’] mūdo B 11 querrei] q̄irey B 12 eno] no B 13 E] om. B; a] om. B 14 o] om. B; coraçon] coracon B 15 lle] lhi B 16 me] mj B; m’é] mei B 17 rogá-ll’-ei] rogar lhei B 18 leixe m[áis e]no] leixe no B 19 E rogá-ll’-ei, se me ben á] Errogarlhei semj bē ade B 20 El] om. B; logar] loguar B 21 lle] lhi B 22 quanta coita] quātas coytas B 23 lle] lhi B 24 leixe m[áis e]no] leixe no B
2 cuitado] coitado Littera 6 eno] no Littera 12 eno] no Littera 16 dé] dê Michaëlis 18 [e]no] no Littera 24 [e]no] no Littera
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10c 10c 12D (I-III [= Tav 198:1]) + 10a 10b 10b 10c 10c 12A (IV [= Tav 189:2])
Encontros vocálicos: 8 -mi-‿á; 9 -mi-‿á; 10 mi-‿o
O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.
O encontro entre a forma verbal á e a vogal inicial de aquesto aparece resolvida con crase (cfr. tamén enviava-os a ‘quela tenda na rúbrica da cantiga 1449), que é relativamente frecuente entre vogal tónica e o adverbio aqui (véxase nota a 140.21).
O proceso de asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ] nas formas de futuro con pronome mesoclítico (véxase nota a 21.3) son moi ocasionais nos apógrafos italianos, como mostra neste caso B, que evita a asimilación ofrece a forma rogar-lh’-ei.
En B constátase unha rectificación isosilábica na copia do refrán (vv. 18 e 24) para o converter en decasilábico coa supresión de mais (probabelmente bisilábico en B, pois en todas as estrofas se mantén no en lugar de eno, que Littera estende a todos os casos). Véxase nota a 12.8.
A lección de B é hipermétrica pola introdución do nexo preposicional (de) na perífrase verbal á fazer.