I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 224-225); Pagani (1971: 81 [= LPGP 261]); Littera (2016: I, 256).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 87); Braga (1878: 44); Machado & Machado (1952: III, 272).
III. Antoloxías: Oliveira & Machado (1959: 69-70).
2 gran] g̃ra B 7 grand'amor] g̃rad am̄ B 9 ia] Hy a B 10 eu] andeu B : endeu V 14 ficou] fitou V 16 certo] + B : q̄o V 19 perder] poder B 20 ela] da V; ren] irē B; que] q B
8 oui] ouvy Nunes : ou[v]y Pagani : hou[v]i Littera 14 min] mi Nunes
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:39)
Sendo un feito confirmado que no pretérito de aver (lat. habui) existen resultados con desaparición de -b- intervocálico (cfr. ouer, 10.18), e, máis comunmente, con posterior monotongación de -ou- (oera, oesse, oer) por aparecer nunha secuencia trivocálica fonotacticamente anómala (Ferreiro 1999: §23b), tamén debe ser considerada as formas oue ~ oui, que con frecuencia desaparecen nas edicións e que deben ser reconsideradas á luz destes datos: qual coita no coraçon / por vós sempr’oue (372.4); Veend’eu ben que do mui grand’amor, / que lh’eu sempr’oui (635.8); u oui passar / per Campos, (1412.2). Todas e cada unha destas formas encontran comprida confirmación nos datos subministrados polas obras en prosa, literarias ou notariais (véxase Ferreiro 2016a: 120-123). Véxase nota a 10.18. Cfr. tamén notas a 130.23 e 534.4.
A presenza do pronome ende neste verso (*end’eu fui sabedor), que o convertería en hipermétrico, talvez sexa produto dun erro de copia por influencia do verso anterior (por end’a morte).
Certo é unha conxectura editorial sobre a lección de V (<q̄o>), que corresponde, significativamente, cunha lacuna textual marcada con cruz polo copista de B. De calquera modo, ben certo fui eu é paralelo a eu fui sabedor (estr. II, v. 10) e entendi (estr. I, v. 4).