[last revised: 26/06/2020]Print

271 [= Tav 79,43]
Pelos meus ollos ouv’eu muito mal

Pelos meus ollos ouv’eu muito mal
e pesar tant’e tan pouco prazer
que me valvera máis non os aver
nen veer nunca mia sennor nen al,
[e] non mi á prol de queixar-m’end’assi,
mais mal dia eu dos meus ollos vi,
ca per eles ouv’eu mui pouco ben,
e o pesar que me fazen sofrer
e a gran coita non é de dizer,
e queixar-m’-ia, mais non ei a quen,
e no’mi á prol de queixar-m’end’assi,
[mais mal dia eu dos meus ollos vi].
E à sennor que me foron mostrar,
de quantas donas Deus quiso fazer
de falar ben e de ben parecer
e por que moiro, non ll’ouso falar,
e no’mi á prol de queixar-m’end’assi,
[mais mal dia eu dos meus ollos vi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


A 163, B 316

Após unha lacuna, en B só aparece o final da cantiga: o v. 16 e o inicio do refrán da estrofa III.

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 327 [= LPGP 544]); Correia (2001: 297); Littera (2016: I, 598-599).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 115); Carter (2007 [1941]: 98); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 271).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 14); Piccolo (1951: 66-67).

Manuscript variants


16 moiro] moir{e} A : moire B; ll’ouso] lhousa B   17 no’mi] non <...> B

Editorial variants


7 per] por Littera   11 no’mi] non mi Michaëlis, Correia   13 à] a Michaëlis, Correia, Littera   16 moiro] moir’e Michaëlis   17 no’mi] non mi Michaëlis, Correia : nom mi Littera

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:143)

Encontros vocálicos: 5 mi‿á; 11 mi‿á; 17 mi‿á

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas (ningunha das edicións precedentes liga as estrofas I-II), véxase nota á cantiga 55.

  • 3

    Ao contrario das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. valer), onde predominan as formas etimolóxicas nos tempos de pretérito de valer coa raíz valv- (véxase Ferreiro 1999: §221d; Mariño Paz 2000: 699-703), na poesía profana xa son minoritarias as formas máis antigas (véxase tamén 35.24, 117.12, 127.19, 196.16, 559.2, 1373.6 e 1532.20).

  • 5

    Nótese, máis unha vez, a variación lingüística do refrán, coa aparición da asimilación no’mi nas estrofas II e III (véxase nota a 27.4). Sobre esta asimilación no’me ~ no'mi, véxase nota a 66.13.

  • 13

    A sintaxe pide unha contracción à inicial, pois falar (v. 16) esixe preposición a co CI senhor.

  • 16

    A errada corrección de A (moiro > moire) debeu ser produto dun lapso inducido pola presenza das anteriores copulativas.

    Canto á variante de B, coa perífrase ousar + a + infinitivo, máis unha vez existe diverxencia entre A e B (véxase nota a 95.16).

Search
    No results