I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 681-682 [= LPGP 321-322]); Littera (2016: I, 353-354).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 19); Machado & Machado (1949: I, 76-77); Rios Milhám (2017: I, 32).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 97); Diogo (1998: 12); Magalhães (2007: 115); Alvar & Talens (2009: 332-334).
7 saqu'a ben] saca ben B 8 Muit’i a aver gran] Muytibqū agrā 10 onde] ōn B 11 onde] ōn B 12 e] a B 13 torto] corto B 17 muit’e i] muytej B 18 faz seu prazer] façeu p̃zʼ B
5 faz-mi a] faz mi-a Michaëlis; viir] vĩir Michaëlis 5 mercee] mercê Littera 7 saqu'a ben] sabe ben Michaëlis 8 Muit’i a aver gran] Muito [en estar] a gran Michaëlis : Muit'i vou eu a gram Littera 9 ei dereit', e] é dereit'é Littera 10 onde] on[de] Michaëlis, Littera 11 me quer] quero Michaëlis : quer[o] Littera 12 ora a] coit’a Michaëlis 13 con torto] concerto Michaëlis 15 veer] vẽer Michaëlis 16 come guisado] con guisado Michaëlis : com'[é] guisado Littera 17 muit’e i eu] muit’end(e) e Michaëlis : muit'e eu Littera 23 faze-l’ei] fazê’-l’-ei Michaëlis 27 cab’o] sab’o Michaëlis
O trobador afirma que a súa dama actúa con el como o señor o faría co seu vasalo –que non se pode defender nin ten onde ir–, facéndoo comparecer perante o Amor como acudirían os presos, polo cal lle solicita a Deus que todo vaia ben (I). Engade que ten razón en sentir medo e en temer a Amor, ante o cal probabelmente falará mal e do cal quererá afastarse; e sofrerá, mais non de maneira inxusta, pois el sabe que o mereceu (II). Se lle vén mal ou coita, será algo apropiado, xa que el o procurou e, en consecuencia, terá de padecer ese mal. E diríxese á súa senhor –que o ten no seu poder–, para lle dicir que sente ledicia polo feito de que o faga entrar en prisión, onde o único que o agarda é a morte (III). El fará todo canto a súa dama desexe, mais cuestiónase con que ollos irá ante o poderoso Amor. Resúltalle tan difícil facelo que o seu corazón non o acepta, e isto non o sabe ningunha outra persoa agás Deus (IV).
Cantiga de amor, do tipo de mestría. Consta de catro estrofas doblas de sete octosílabos agudos. O verso 1 das dúas primeiras agrupacións estróficas é unha palavra perduda.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d (= Tav 199:6)
Encontros vocálicos: 5 -mi‿a; 7 mi-o; 12 ora‿a; 14 mi-o; 16 guisada‿eu mi-o; 17 i‿eu mi-o; 27 mi-o; 28 mi-o
Esta cantiga, como algunha outra do mesmo trobador, presenta un texto certamente deturpado na copia do manuscrito B, o único que transmite as composicións de Fernan Rodriguez de Calheiros.
O protagonista compara a súa situación de desamparo perante a forza con que o prende Amor coa dun vasalo a quen o seu señor feudal non protexe (en realidade, nesta cantiga quen o desampara é a senhor, que o deixa en mans de Amor). Lémbrese que as cantigas de amor e o canto cortés en xeral, representan a relación amorosa espellada na relación feudal recíproca entre un señor protector e o seu vasalo servidor. Termos como vassalo e o seu sinónimo máis usado ome, senhor, servir, ben, galardon, entre outros, vehiculan esta metáfora feudal do amor como servizo.
A forma a, presentada como artigo en Michaëlis, debe ser interpretada como preposición, tal como se rexistra, por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344 (E, estão assy cercado, mandoulhe dizer Lopo d’Arenas que se querya vĩir aa sua mercee; Cintra 1990: IV, 277).
O sentido do texto solicita considerar a presenza do verbo fazer (cunha confusión en B entre <ſ> e a repetida omisión da cedilla en <ç>); porén, en Littera a lección do manuscrito foi interpretada mecanicamente, co conseguinte estabelecemento da expresión sacar a ben que non é coherente co sentido do texto (véxase Glosario, s.v. sacar).
O sentido do texto permite considerar a presenza da expresión sacar a ben (véxase tamén 861.17), a partir da lección <saca ben> de B. Así foi considerado tamén en Littera, fronte á máis interventiva edición de Michaëlis (sabe ben).
Fronte ás reconstrucións (e reinterpretacións) de Michaëlis e Littera, procuramos unha interpretación axustada da secuencia <Muytibqũ agrã>, considerando os erros <b>/<a> e <q>/<a>, o segundo ben documentado en B (961.16) e V (1403.20, 388.19, 588.1, 932.9 e 1184.3). Deste xeito, a orde recta sería: «Muit’i ei dereito a aver gran pavor e en me temer d’Amor ...».
Nótese a diferente segmentación de <come> en Littera, que produce un verso excesivamente recargado de sílabas tónicas.
Resulta inevitábel a emenda, proposta en Michaëlis e aceptada en Littera, da lección manuscrita neste verso, onde mia senhor non pode ser vocativo e, por tanto, presentar unha lectura faç’eu prazer, que se correspondería co texto deturpado de B.
A emenda de caber culmina a serie de modificacións textuais que Michaëlis realizou ao longo de toda a cantiga (especialmente faça > sabe, v. 7; me quer > quero, v. 11; ora a > coit’a, v. 12; con torto > concerto, v. 13; come guisada > con guisado, v. 16; faç’eu > faz seu, v. 18) sen xustificación paleográfica e sen necesidade semántica. Igualmente, o verbo caber ‘admitir, aceptar’, acepción axeitada para este contexto, foi pertinazmente substituído por saber noutras cantigas e por outros editores (véxase 827.10, 1126.17, 1377.21, 1583.27, 1671.17), a pesar da existencia desta acepción nas Cantigas de Santa Maria, por exemplo (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. caber). Véxase, tamén, González González (2006: s.v. cabelo).