32 [= Tav 47,19]
Ora faz a min mia senhor

Ora faz a min mia senhor
como senhor pode fazer
a vassalo, que defender
non se pode nen á u lh’ir,
e faz-mi a mercee viir
d’Amor com’ome preso ven:
Nostro Senhor mi-o saqu’a ben!
Muit’i a aver gran pavor
ei dereit’, e en me temer
d’Amor (onde cuid’a dizer
mal e onde me quer partir),
e averei ora a sentir,
e non con torto, nulha ren,
ca eu mi-o mereci mui ben.
Se me mal ou coita veer,
come guisado eu mi-o busque[i]
muit’e i eu mi-o lazerarei;
mais mia senhor faz seu prazer
(pois que me ten en seu poder),
que [me] faz entrar en prison,
u me non jaz se morte non.
Tod’eu farei quanto quiser
mia senhor, que de faze-l’ei;
pero con que olhos irei
ant’Amor e a seu poder?
Tan grave m’é de cometer
que mi-o non cab’o coraçon,
nen mi-o sab’outren se Deus non.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 58

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 681-682 [= LPGP 321-322]); Littera (2016: I, 353-354).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 19); Machado & Machado (1949: I, 76-77); Rios Milhám (2017: I, 32).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 97); Diogo (1998: 12); Magalhães (2007: 115); Alvar & Talens (2009: 332-334).

Variantes manuscrites


7 saqu'a ben] saca ben B   8 Muit’i a aver gran] Muytibqū agrā   10 onde] ōn B  11 onde] ōn B   12 e] a B   13 torto] corto B   17 muit’e i] muytej B   18 faz seu prazer] façeu p̃zʼ B

Variantes éditoriales


5 faz-mi a] faz mi-a Michaëlis; viir] vĩir Michaëlis   5 mercee] mercê Littera   7 saqu'a ben] sabe ben Michaëlis   8 Muit’i a aver gran] Muito [en estar] a gran Michaëlis : Muit'i vou eu a gram Littera   9 ei dereit', e] é dereit'é Littera   10 onde] on[de] Michaëlis, Littera   11 me quer] quero Michaëlis : quer[o] Littera   12 ora a] coit’a Michaëlis   13 con torto] concerto Michaëlis   15 veer] vẽer Michaëlis   16 come guisado] con guisado Michaëlis : com'[é] guisado Littera   17 muit’e i eu] muit’end(e) e Michaëlis : muit'e eu Littera   23 faze-l’ei] fazê’-l’-ei Michaëlis   27 cab’o] sab’o Michaëlis

Paraphrase


(I) Faime agora a miña señora como o señor pode facer ao vasalo, que non se pode defender nin ten a onde ir, e déixame a mercé de Amor como un home preso: Noso Señor mo torne en ben! 

(II) Fago moi ben en ter pavor desta situación e en temer Amor –de quen hei falar mal e do que me quere afastar–, e agora nada terei que sentir, e non inxustamente, pois moito o merecín. 

(III) Se me vén mal ou coita, será o esperado, xa que eu moito o procurei e eu o sufrirei; mais miña señora sente pracer niso –pois me ten no seu poder–, porque me fai entrar en prisión, onde nada me espera agás a morte. 

(IV) Eu farei todo canto a miña señora desexe, porque o teño que facer; mais con que ollos irei ante Amor estando no seu poder? Tan penoso me resulta intentalo que non mo admite o corazón, nin mo sabe ninguén, agás Deus.
 

Métrique


Cantiga de amor, do tipo de mestría. Consta de catro estrofas doblas de sete octosílabos agudos. O verso 1 das dúas primeiras agrupacións estróficas é unha palavra perduda.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d (= Tav 199:6)
Encontros vocálicos: 5 -mi‿a; 7 mi-o; 12 ora‿a; 14 mi-o; 16 guisada‿eu mi-o; 17 i‿eu mi-o; 27 mi-o; 28 mi-o

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga, como algunha outra do mesmo trobador, presenta un texto certamente deturpado na copia do manuscrito B, o único que transmite as composicións de Fernan Rodriguez de Calheiros.

  • 3

    O protagonista compara a súa situación de desamparo perante a forza con que o prende Amor coa dun vasalo a quen o seu señor feudal non protexe (en realidade, nesta cantiga quen o desampara é a senhor, que o deixa en mans de Amor). Lémbrese que as cantigas de amor e o canto cortés en xeral, representan a relación amorosa espellada na relación feudal recíproca entre un señor protector e o seu vasalo servidor. Termos como vassalo e o seu sinónimo máis usado ome, senhor, servir, ben, galardon, entre outros, vehiculan esta metáfora feudal do amor como servizo.

  • 5

    A forma a, presentada como artigo en Michaëlis, debe ser interpretada como preposición, tal como se rexistra, por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344 (E, estão assy cercado, mandoulhe dizer Lopo d’Arenas que se querya vĩir aa sua mercee; Cintra 1990: IV, 277).

  • 7

    O sentido do texto solicita considerar a presenza do verbo fazer (cunha confusión en B entre <ſ> e a repetida omisión da cedilla en <ç>); porén, en Littera a lección do manuscrito foi interpretada mecanicamente, co conseguinte estabelecemento da expresión sacar a ben que non é coherente co sentido do texto (véxase Glosario, s.v. sacar).

  • 7

    O sentido do texto permite considerar a presenza da expresión sacar a ben (véxase tamén 861.17), a partir da lección <saca ben> de B. Así foi considerado tamén en Littera, fronte á máis interventiva edición de Michaëlis (sabe ben). 

  • 8-9

    Fronte ás reconstrucións (e reinterpretacións) de Michaëlis e Littera, procuramos unha interpretación axustada da secuencia <Muytibqũ agrã>, considerando os erros <b>/<a> e <q>/<a>, o segundo ben documentado en B (961.16) e V (1403.20, 388.19, 588.1, 932.9 e 1184.3). Deste xeito, a orde recta sería: «Muit’i ei dereito a aver gran pavor e en me temer d’Amor ...».

  • 10-11

    A interpretación da abreviatura <ōn> é onde (tamén en 80.18 e 87.21, do mesmo copista), o mesmo que <ēn> é ende (59.16, do mesmo copista c do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e 482.29 e mais 483.16, do copista b). Ambas as formas abreviadas son case exclusivas de B.

  • 12

    É obvia a necesidade de emenda de B, onde se localizan bastantes casos en que <a> aparece como erro pola copulativa e (78.14, 384.20, 475.30, 863.15, 886.17...).

  • 16

    Nótese a diferente segmentación de <come> en Littera, que produce un verso excesivamente recargado de sílabas tónicas.

  • 17

    Para a correcta contaxe octosilábica do verso é necesaria a sinalefa i‿eu, presente noutros contextos das cantigas (vi‿eu, 1400.1; o·i‿eu, 1405.7).

  • 18

    Resulta inevitábel a emenda, proposta en Michaëlis e aceptada en Littera, da lección manuscrita neste verso, onde mia senhor non pode ser vocativo e, por tanto, presentar unha lectura faç’eu prazer, que se correspondería co texto deturpado de B. 

  • 27

    A emenda de caber culmina a serie de modificacións textuais que Michaëlis realizou ao longo de toda a cantiga (especialmente faça > sabe, v. 7; me quer > quero, v. 11; ora a > coit’a, v. 12; con torto > concerto, v. 13; come guisada > con guisado, v. 16; faç’eu > faz seu, v. 18) sen xustificación paleográfica e sen necesidade semántica. Igualmente, o verbo caber ‘admitir, aceptar’, acepción axeitada para este contexto, foi pertinazmente substituído por saber noutras cantigas e por outros editores (véxase 827.10, 1126.17, 1377.21, 1583.27, 1671.17), a pesar da existencia desta acepción nas Cantigas de Santa Maria, por exemplo (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. caber). Véxase, tamén, González González (2006: s.v. cabelo).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé