588 [= Tav 25,104]
O voss’amigo tan de coraçon

O voss’amigo tan de coraçon
pon ele en vós seus olhos e tan ben,
par Deus, amiga, que non sei eu quen
o veja que non entenda que non
pod’el poder aver d’aver prazer
de nulha ren senon de vos veer.
E quen ben vir com’el seus olhos pon
en vós, amiga, quand’ante vós ven,
se xi non for mui minguado de sén,
entender pod’end’el mui ben que non
pod’el poder aver d’aver prazer
[de nulha ren senon de vos veer].
E, quand’el ven u vós sodes, razon
quer el catar que s’encobra, e ten
que s’encobre, pero non lhi val ren,
ca nos seus olhos entenden que non
pod’el poder [aver d’aver prazer
de nulha ren senon de vos veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 523b, V 116; B 570bis, V 174

A orde desta cantiga en BV é I-III-II, nunha copia moito menos coidada do que B’V’.

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 78-79 [= LPGP 209]); Nunes (1973 [1928]: 23-24); Cohen (2003: 605); Littera (2016: I, 223).
II. Outras edicións: Moura (1847: 53-55 e 146-147); Monaci (1875: 70); Braga (1878: 24 e 35); Machado & Machado (1952: III, 87); Cohen (1987: 59); Júdice (1997: 33); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 voss’amigo] uos amigo B : q migo V; coraçon] toratom V   2 pon ele] < + > el B : pom el V; e tan] erā V’   3 par deus amigꝯ / Que no< + > B : par deꝯ ꞇ miꝗa q̄ nō V   4 < + > / Que nō B : O uera q̄ nō entenda q̄ non B’ : ueia q nom em tēda q̄ no V : o uera que non entenda que nō V’   5 prazer] Praxer B   6 nulha ren] (mha) nulha rē B   7 ben vir com’el] lē uiuer como el B : lē uiuer tomo el V   8 quand’ante] q̄ndo ante B : q̄ndo arae V   9 Se nō for cō muy grā mengʷ desem BV; minguado] miguado B’   10 Entender podē muy bē / Del q̄rīo B : Entender Podē del mui bē q̄ nō B’ : entender podē muy bē del q̄ nō V : entender podē del mui bē q̄ nō V’   13 quand’el] quādo el BV; sodes] fodes B; razon] (n)eōs V   14 catar] catī V’; que s’encobra, e ten] qui se encobra etē B : que se encobra erē V   15 s’encobre] se cobre B; lhi] lhe BV; ren] pō  V   16 ca nos seus] < + > B : tanos frꝯ V : ca nꝯ seꝯ V’; entenden] entender V’   17 poder] foder B

Variantes editoriais


2 ele] el Lang   4 veja] verá Lang, Nunes   6 vos] vós Lang   10 pod’end’el] pode d’el Nunes : póde Lang : pode del Cohen, Littera; ben] bem d’el Lang   12 vos] vós Lang   14 s’encobra] se encobra Lang   18 vos] vós Lang

Paráfrase


(I) O voso amigo tan de corazón pon el en vós os seus ollos e tan ben, por Deus, amiga, que non sei eu quen o vexa e que non entenda que non pode el ter o poder de sentir pracer de ningunha cousa agás de vervos.

(II) E quen ben vir como el pon en vós os seus ollos, amiga, cando ven ante vós, se non for moi minguado de siso, pode entender moi ben que non [refrán].

(III) E cando el ven a onde vós estades, quere procurar algunha escusa para ocultalo, mais non lle vale de nada, porque nos seus ollos entenden que non [refrán].

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:25)

Encontros vocálicos: 2 ele‿en

Notas


Texto
  • *

    Como adoita acontecer na maioría dos casos de dupla tradición, as dúas copias desta composición mostran un texto moi similar, aínda que a versión recollida en B 523a, V 116 –copiada de forma anómala no medio da sección das cantigas de amor dionisinas– presenta numerosas deficiencias de transmisión do texto. Con todo, si hai algunhas diverxencias importantes entre ambas as versións, como son a alteración da orde das estrofas II-III e, fundamentalmente, a variante textual dos versos 9-10. Independentemente de estarmos perante variantes autoriais en fases diferentes do proceso creativo ou máis probabelmente, para nós, perante un texto deturpado durante a súa circulación oral, concordamos con Gimena del Río Riande (2011) en que o texto base para a a edición desta cantiga debe ser o recollido na sección das cantigas de amigo do rei portugués.

  • 9-10

    A partir da versión presente en B 523a, V 116, estes versos poderían ser editados doutro xeito, sen que o sentido xeral varíe con respecto á versión de B 570bis, V 174:
              se non for con gran mengua de sén,
              entender pod’én mui ben que non
    Porén, ambos versos son irregulares por presentaren unha sílaba menos, o que é outro argumento para considerar esta variante allea ao autor e resultado da deturpación dunha versión metricamente regular.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado