358 [= Tav 44,6]
Nostro Sennor, quen m’oj’a min guisasse

Nostro Sennor, quen m’oj’a min guisasse
o que eu nunca guisad’averei,
a meu cuidar, per quanto poder ei,
ca non sei oj’eu quen s’aventurasse
ao que m’eu non ous’aventurar,
pero me vej’en maior coit’andar
ca outra coita que oj’om’achasse!:
algun amigo meu, se s’acordasse
e acordado foss’en me partir
ante da terra e leixasse-m’ir
e, pois eu ido fosse, ele chegasse
u de chegar eu ei mui gran sabor
(u ést’a mui fremosa mia sennor),
e ll’o gran ben que ll’eu quero contasse,
e me dissesse pois se lle pesasse,
pero m’a min pesaria muit’én,
se Deus me valla, mas faria ben,
quand’eu viss’ela, pois que lle jurasse
qual maior jura soubesse fazer,
que nunca lle soubera ben querer
en tal razon per que m’ela ‘strãiasse,
e, des i, pois que m’eu assi salvasse,
se Deus me salve, que nunca o meu
mal máis diria de mia coita eu
a mia sennor, pero que me matasse
o seu amor (que xe me matará,
e o sei, ced’, u al non avera),
ca nunca foi quen tal coita levasse
com’eu levo nen foi quen s’end’osmasse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 

Manuscritos


A 221, B 389

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, entre os vv. 10 e 11 aparece copiada a segunda estrofa da cantiga 359.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 425-426 [= LPGP 304-305]); Littera (2016: I, 334-335); Bruno (2022: 107-110).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 142-143); Carter (2007 [1941]: 129); Machado & Machado (1950: II, 176-177); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 358).

Variantes manuscritas


1 quen m’oj’a min] quemoia mj B   2 averei] anerey B   3 meu] men B   5 ous’] ons B   6 coit’andar] coyta andar B   8 amigo meu] meu amigo B   9 acordado foss’en me] acordo fosseme B   10 terra] teira B   11 fosse, ele] fosse ele A : fossel e B   12 eu ei] ouue B   13 u] ou B; fremosa] finosa B   14 ll’o] o B   15 me] mi B; lle] lhi B   16 m’a min] mhamj B; muit’] om. B   17 me] mj B; mas] mays B   18 viss’ela, pois que lle] urssela quando lhi B   19 jura soubesse] mra podesse B   20 lle] lhi B   21 per] por B; ‘strãiasse] estrahāsse B   24 diria] ditia B   26 xe me matará] xime mataria B   27 e o sei] eu sey B   28 foi quen] en B; levasse] lenasse B   29 levo nen foi quen s’end’] leno nē sey q̄ sen B

Variantes editoriais


11 ele] el Michaëlis, Littera   13 ést'a] est'a Bruno   16 m’a min] mi a mi Littera   21 ‘strãiasse] ‘stranhasse Michaëlis, LitteraBruno   24 de] nem Littera   27 e] e[u] Michaëlis, Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10’a (= Tav 161:139)

Encontros vocálicos: 11 fosse,‿ele

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15. No entanto, o carácter de cantiga ateuda desta composición non foi considerado por Michaëlis e Littera, que isolan sintacticamente todas as estrofas.

    En Bruno, existe ligazón interestrófica ao longo de toda a composición, embora a interpretación sintáctica nalgunhas pasaxes sexa diverxente da que presentamos, nomeadamente no tránsito entre a primeira e segunda estrofa a partir do feito de non localizar no corpus a expresión achar coita. En calquera caso, nesta proposta editorial fica sen verbo principal a estrofa I:
              pero me vej’en maior coit’andar
              ca outra coita: que oj’om’achasse,

     

              algun amigo meu, ...

  • 11

    Non é precisa a emenda michaëliana de ele, de orixe métrica, pola sinalefa fosse‿ele.

  • 12

    A mudanza temporal en B, con utilización do pretérito ouve esixiu a omisión do suxeito para nivelar metricamente o verso: eu ei / ouve.

  • 18-19

    A lectura sintáctico-semántica neste verso é diverxente en Bruno pola consideración de pois como adverbio:
              quand’eu viss’ela pois, que lle jurasse
              qual maior jura soubesse fazer, / ...

  • 21

    Os resultados estrãiar (tamén en 236.15) e estraiar (véxanse 236.15, 857.18 e 996.9), con desnasalización, a partir de extraneāre, con caída de -n- intervocálico en vez da habitual palatalización do grupo [nj], son minoritarios mais conviven coa solución xeral estranhar (talvez por iso Michaëlis e Littera optaron pola variante de B neste caso). Vid. tamén nota a 103.1.

    Canto á aférese de ‘strãiar, esta debe ser posta en relación coa tendencia á perda da vogal inicial e- cando seguido da secuencia vocálica /st/ en fonética sintáctica após vogal ou /n/, e que afecta en especial ao verbo estar, aínda que se rexistra tamén noutras voces: estar (ora ‘stou, 396.3; que ‘stevesse, 969.12; ali ‘stivi, 969.15; non ‘starei, 969.21; que ‘stava, 1445.6; quando ‘sté, 1588.21); estorcer (a ‘storcer, 1505.4); estrãiar (ela ‘strãiasse, 358.21); Estremadura (en ‘Stremadura, 1324.10). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 73.19, 878.1.

  • 23

    Neste verso aparece a única ocorrencia da frase formularia se Deus me salve, absolutamente equivalente a se Deus me perdon e as súas variacións expresivas.

  • 24

    A intervención textual de Littera modifica levemente o sentido: o mal de mia coita vs. o mal nen mia coita.

  • 27

    Non é precisa a emenda eu na frase formularia e o sei, de relativa presenza, tamén en textos procedentes de A, no corpus, onde convive con eu o sei. A modulación da fórmula sen suxeito achega ton enfático que explica a próclise pronominal, e aínda conta con outras fórmulas expresivas moi similares (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). De calquera modo, a utilización de e o sei está garantida tamén en 212.14, 235.28, 423.12, 1023.14, 1115.7, 1419.10 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.

    Obsérvese a frase formularia u al non avera, variante de u al non á ‘certamente, sen dúbida’ (25.11, 170.23, 358.27, 685.10, 1017.2 e 1231.21), concorrente con outras variantes ao longo do corpus, co mesmo verbo aver (u non á al, non á i al etc.) ou co verbo jazer (u non jaz al ~ u al non jaz). Idéntico comentario pode facerse para as Cantigas de Santa Maria, en que se detectan os mesmos grupos fraseolóxicos (u al non averá ~ u non averá al, u al non jaz, u non aja al, u non ouvess’al, u outra ren non jaz etc.; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. al, aver, jazer, u). Véxase nota a 597.13.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado