890 [= RM 94,17]
Que grave coita que m’é [de] dizer

Que grave coita que m’é [de] dizer
as graves coitas que sofr’en cantar!
Vejo mia morte, que mi á de matar,
en vós e non vos ous’én ren dizer,
pero ei dizer-lo cantando e en son,
que me semelha cousa sen razon
d’omen, con coita de mort[e], cantar.
E, pois mia coita per tal guisa é
que a non posso per ren encobrir,
en atal terra cuido eu de guarir
que ben entendan meu mal, a la fe,
e a tal gente cuido eu de cantar
e dizer son, u con ela falar,
que ben entenda o meu mal onde é.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 898, V 483

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 309-310); Stegagno Picchio (1968: 196 [= LPGP 629-630]); Littera (2016: II, 102-103).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 177); Braga (1878: 92); Machado & Machado (1953: IV, 245).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 56); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 53); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 133).

Variantes manuscritas


4 vos] uos oussem BV; ren] irem B : trem V   5 en] eu V   6 cousa] coussa BV; razon] rraçom V   7 d’omen] Oomen B; cantar] tantar V   8 guisa] gessa BV   9 a non] mīo B : āno V; ren] nem V; encobrir] encobrar B   10 terra cuido] ur̄a cuydado B   11 entenda] sentendam B   12 e] Et B; gente] agente B; cuido] cuide BV   13 e] et V   14 o meu] comen B : ameu V; onde] oude B

Variantes editoriais


1 m’é [de] dizer] m[e] é dizer Nunes, Stegagno Picchio   5 pero] per(o) Nunes; ei] om. Littera; cantando] cantand(o) Nunes   10 cuido] cuid(o) Nunes   12 cuido] cuid’ Nunes, Stegagno Picchio   14 entenda] entend(a) Nunes

Paráfrase


(I) Que gran dor me causa dicir no cantar as graves coitas que sufro! Vexo a miña morte, que me ha de matar, en vós e non ouso dicirvos nada sobre iso, pero hei de dicilo cantando e con son, aínda que me semella unha cousa irracional (o feito) de un home, con coita de morte, cantar.

(II) E pois a miña coita é tal que non a podo ocultar de ningún modo, en tal terra penso eu vivir que entendan ben o meu mal, en verdade, e a tal xente lle penso eu cantar e dicir o son, cando con ela (a xente) falar, para que entenda ben onde radica o meu mal.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (I [= RM 163:5]) + 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (II [= RM 161:65])

Encontros vocálicos: 3 miá; 5 peroei, cantandoe; 10 cuidoeu; 12 cuidoeu; 14 entendao

Notas


Texto
  • 1

    A sintaxe e a métrica solicitan a reintegración de unha sílaba métrica que necesariamente ten de ser, pola usual sinalefa de me coa voz seguinte iniciada por vogal (cfr. a opción m[e] é dos anteriores editores, agás Lopes e Littera), a preposición de, con omisión de fácil explicación paleográfica e con encaixe sintáctico para formar a perífrase (obrigativa ou de futuro) seer + de + infinitivo (véxase Glosario, s.v. seer). Cfr., ademais, expresións moi similares no corpus: Ai Deus, que grave coita de sofrer (206.1); que grave coita, senhor, d’endurar! (1126.5).

  • 5

    A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (pronome ou artigo) no encontro con infinitivos (dizer-lo) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Véxase nota a 5.10.

    Por outra parte, pola sinalefa peroei, non existe xustificación ecdótica para a omisión de ei en Littera.

  • 6

    O contexto solicita considerar concesiva a conxunción que, tal como acontece ao longo do corpus en contextos diversos (véxanse contextos diversos en UC/Glosario, s.v. que4, uso 4).

  • 10

    Nótese en B o erro na lección <ur̄a> onde debería ter copiado <trr̄a>, que supón unha confusión <u>/<tr> que lembra a lección<t̃ua> de BV en 480.17, un verdadeiro locus criticus nas cantigas trobadorescas (véxase nota a 480.17).

  • 11

    A locución adverbial modal a la fe ‘certamente, en verdade, sen dúbida’, presenta a variante a la minha fe (533.15) e é similar a a bõa fe (1319.6 e 13) e a per bõa fe, a fórmula maioritaria no corpus. Esta locución, que  mantén petrificada a forma arcaica do artigo, é frecuente na poesía, tanto nas cantigas profanas (230.5, 241.29, 1008.4, 1261.16, 1469.19, 1499.5, 1547.1, 1619.10) como nas Cantigas de Santa Maria (véxase CGPA, s.v.). A súa aparición na prosa é esporádica; véxase na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España:

    quando os yrmãos viu descabeçados ante sy, entẽdeu que assy yriã ata el, a la fe, et assi sse acabaria (Lorenzo 1975: I, 198).

    O seu uso chega como mínimo ao século XV, pois aínda se rexistra en Fernão Lopes: 

    A lla fe, disserom, se nom buscaremos nós outro que rreine sobre nós, que tenha cuidado de manteer o poboo em dereito e em justiça e nom leixe as cousas que tem de fazer de sua fazenda por hir ao monte e aa caça andar um mes (Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 224).

  • 13

    O pronome ela fai referencia á gente (v. 12).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado