272 [= Tav 79,38]
Non me soub’eu dos meus ollos mellor

Non me soub’eu dos meus ollos mellor
per nulla ren vingar ca me vinguei,
e direi-vos que mal que os matei:
levei-os d’u veian sa sennor,
e fiz seu mal e do meu coraçon
por me vengar deles e por al non,
ca me non podian per nulla ren,
sen vee-lo mui bon parecer seu,
fazer gran mal; mas que lles ar fiz eu?
Levei-os d’u a viian por én,
e fiz seu mal e do meu coraçon
[por me vengar deles e por al non].
E na sazon que lles eu entendi
que eles avian de a veer
maior sabor, pero me de fazer
mui grave foi, levei-os eu ali,
e fiz seu mal e do meu coraçon
[por me vengar deles e por al non].
E, na vengança que deles prendi,
gran mal per-fiz a eles e a min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 164, B 317

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 328-329 [= LPGP 541-542]); Correia (2001: 307); Littera (2016: I, 599).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 215); Carter (2007 [1941]: 98-99); Machado & Machado (1950: II, 59); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 272).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 88-89); Piccolo (1951: 67-68); Torres (1977: 170); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 154); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 116); Diogo (1998: 130).

Variantes manuscritas


1 Non] On A; soub'eu] souben B   3 vos] uos A   4 sa sennor] asa senhor B   5 e] om. A; coraçon] coracon B   6 vengar] uingar B   9 mas que lles ar fiz] mays quelhar fiz B   10 Levei-os] Leueyo B   13 E na sazon] E ira sazon B; lles] lhis B   14 avian] aman B   16 eu] om. A; ali] (d)ali A   17 e] om. A   19 vengança] uingāça B

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis   5 e fiz] fiz Littera   9 mas] mais Michaëlis   13 E na] Ena Correia   16 ali] dali Littera   20 min] mi Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Non me souben eu mellor vingar dos meus ollos do que me vinguei, e direivos que má morte lles dei: leveinos de onde vían a súa señora, e causei o seu mal e o do meu corazón por me vingar deles e non por outra razón, (II) porque non me podían de maneira ningunha, sen ver a moita beleza dela, causar un gran mal; mais que lles fixen eu tamén? Leveinos de onde a vían por iso, e causei o seu mal e o do meu corazón por me vingar deles e non por outra razón.

(III) E no tempo en que eu comprendín que eles tiñan un desexo moi grande de a ver, aínda que me foi moi difícil de facer, leveinos eu alí, e causei o seu mal e o do meu corazón por me vingar deles e non por outra razón.

(1) E na vinganza que deles cobrei fíxenlles un gran mal a eles e a min.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10a 10a (= Tav 160:140)

Encontros vocálicos: 4 ve·i·an; 10 vi·i·an

Notas


Texto
  • 4

    A forma veian (cfr. viian, v. 10) constitúe unha forma única no corpus e talvez na produción medieval, perante a universalidade da secuencia -ii- en todas as formas do copretérito de veer (viia, viias etc.): quizais represente o estadio anterior á asimilación da secuencia -eí- (< uĭdebam > veia > med. viia).
    Por outra parte, véxase a lección de B coa inclusión do artigo (ou preposición) para sa senhor, que provoca hipermetría. Véxase nota a 68.1 e 518.20.

  • 6

    A variante vengar (tamén vengança no v. 19), sen pechazón vocálica por nasal trabante, é realmente minoritaria na lingua trobadoresca, pois só se rexistra moi limidamente (148.6, 265.15, 842.5, 1094.15 e 16) fronte á forma xeral vingar. Cfr. nota a 11.17. De calquera xeito, as dúas variantes conviven nesta mesma cantiga, coa aparición de vingar e vinguei no v. 2.

  • 7

    A altura deste verso aparece a corrección marxinal mellor, quizais colocada erradamente, pois debería corresponder ao v. 1.

  • 9

    Nótese en B a aparición de lhe con valor plural (fenómeno relativamente estendido na actualidade) o cal provoca a crase con ar e unha hipometría só aparente, pois a presenza da variante mais no Cancioneiro da Biblioteca Nacional podería eventualmente resolver a medida coa súa contaxe bisilábica (véxase nota a 12.8).

  • 16

    Certamente, as dúas copias da cantiga convidan a unha lectura levei-os eu ali, con omisión de eu no Cancioneiro da Ajuda, que tamén presenta unha corrección que afecta ao adverbio: <(d)ali>. O paralelismo cos vv. 4 e 10 (levei-os d’u...) pediría aquí un texto *levei-os eu d’ali, que os manuscritos non autorizan.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado