265 [= Tav 75,12 (= 157,34)]
Nostro Sennor, que mi a min faz amar

Nostro Sennor, que mi a min faz amar
a mellor dona de quantas El fez,
e máis fremosa e de mellor prez
e a que fez máis fremoso falar,
El me dé dela ben, se lle prouguer,
ou mia morte, se m’aquesto non der,
me dé por me de gran coita quitar.
E, se m’El aquesto non quiser dar
que ll’oj’eu rogo, rogar-ll’-ei assi
que lle possa, com’ela quer a mí,
querer, ca esto me pode guardar
da mui gran coita que eu ei d’amor;
e, se m’esto non der Nostro Sennor,
por que me fez El tal sennor fillar?
Ben o sei eu: fez-mi-o por se vengar
de mí, per esto e non per outra ren;
se ll’algun tempo fiz pesar, por én
me leix’assi desemparad’andar
e non me quer contra ela valer:
por me fazer maior coita sofrer
me faz tod’est’, e non me quer matar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 157

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 313-314 [= LPGP 492-493]); Fernández Graña (2007: 225); Littera (2016: II, 564).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 94); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 265).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 37-38); Nunes (1959: 256); Spina (1972: 312).

Variantes editoriais


5 dé] dê Michaëlis, Fernández Graña, Littera   7 dé] dê Michaëlis, Fernández Graña, Littera   10-11 quer a mí, / querer] quer a mi querer Littera   16 esto] est(o) Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:52)

Encontros vocálicos: 1 mi‿a; 15 -mi-‿o; 16 esto‿e

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga transmitida polo Cancioneiro da Ajuda é atribuída a Joan Perez d’Avoin, Gonçal’Eanes do Vinhal e, tamén, a Joan Soarez Coelho.

  • 10-11

    Obsérvese a errónea división destes versos en Littera.

  • 15

    A variante vengar, sen pechazón vocálica por nasal trabante, é realmente minoritaria na lingua trobadoresca, pois só se rexistra moi limidamente (148.6, 272.6, 842.5, 1094.15 e 16) fronte á forma xeral vingar. Cfr. nota a 11.17.

  • 18

    Este verso repítese case literalmente nunha cantiga de Joan Lopez d’Ulhoa (leixou-m’assi desemparad’andar310.21).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado