360 [= Tav 44,5]
Muitos vej’eu que, con mengua de sén

Muitos vej’eu que, con mengua de sén,
an gran sabor de me dizer pesar:
todo-los que me veen preguntar
qual ést’a dona que eu quero ben;
vedes que sandec’e que gran loucura:
non catan Deus nen ar catan mesura
nen catan min, a quen pesa muit’én,
nen ar catan como perden seu sén
os que m’assi cuidan a enganar:
el[es] non o poden adevinhar;
mais o sandeu, quer diga mal, quer ben,
e o cordo dira sempre cordura;
des i eu passarei per mia ventura,
mais mia senhor non saberan per ren.
E mui ben vej’eu que perden seu sén
aqueles que me van a demandar
quen é mia senhor; mais eu a negar
a averei sempre, assi me venha ben:
eu ben falarei da sa fremosura
e de sabor; mais non ajan én cura,
ca ja per min non saberan máis én.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 391, V 1

En V só aparece copiada a primeira estrofa.

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 869-870 [= LPGP 303-304]); Littera (2016: I, 336).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 5); Braga (1878: 1); Molteni (1880: 143); Machado & Machado (1950: II, 181); Rios Milhám (2018b: III, 360).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 116).

Variantes manuscritas


2 sabor] fabor V   3 todo-los] τ todolos B : et todolos V; preguntar] pregunt[**] B : pieguntar V   4 quero] q̄io V   5 sandec’] sandet e B; gran loucura] giā loucuia V   6 mesura] mesuia V   7 catan] tatā V; quen] queor B : q(u)ō V; pesa] pela B   12 sempre] senp’e B   14 ren] irē B   15 seu] s[**] B   18 a averei] aluerey B   20 ajan] sapan B

Variantes editoriales


3 veen] vẽen Michaëlis   10 el[es] non o] e non vo’-lo Michaëlis : e nom o podem [i] Littera   18 averei sempre] (a)verei sempr(e) Michaëlis : haverei sempr' Littera   19 falarei] falar ei Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10’c 10’c 10a (= Tav 161:108)

Encontros vocálicos: 18 a‿averei,  sempre,‿assi

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. Nas edicións anteriores tamén presentan independencia sintáctica as estrofas I-II.

  • 1

    Na lingua medieval rexístrase certa vacilación de resultados en vogais tónicas de grao medio trabadas por nasal. Tal é o caso de mingua, que concorre cunha variante minoritaria mengua (11.17, 360.1, 469.1, 476.14, 878.5, 1316.16, 1620.31), igual que menguar ~ mengar aparecen a carón de minguar. Cfr. nota a 205.13.

  • 3

    A construción do período e mais a métrica evidencian o carácter espurio da copulativa inicial do verso en BV.

  • 5

    Nótese a aparición de sandece en BV, onde decote se utiliza sandice. Véxase nota a 3.11.

  • 7

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 19

    Non é necesario deglutinar falar ei, pois non se trata da perífrase aver + infinitivo senón do futuro. Cfr. nota a 87.27.

  • 20

    É certamente difícil a interpretación da lección <sapan> de B, de xeito que ajan non é máis do que unha conxectura. Sobre cura ‘coidado, preocupación’ véxase nota a 15.1, onde se rexistra a mesma locución non aver cura: Vós, mia senhor, que non avedes cura / de m’ascoitar nen de me ben fazer...

Buscar
    Sin resultados