I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 16-17); Marroni (1968: 74-75 [= LPGP 83-84]); Littera (2016: I, 41-42).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 14); Braga (1878: 4); Machado & Machado (1950: II, 210-211); Rios Milhám (2018b: III, 373).
1 sen[h]or] senʳo B 3 vos] uos B 4 queredes] q̄reds̄(ds̄) B 5 vos] uos B : nos V; posso] rosso V 7 vos] uos BV 8 queredes] q̄peds̄ V 9 vos] uos BV; Deus] dz̄ V 10 est[ra]nho d'andar] estuho(r) dandar B : estaho dandat V 11 de falar] deffalaʳi B : desfalaʳ V 12 se non] senoʳ B : tenoʳ V; averia] auia V 13 dizer] diz V 14 falar] sfalar V 15 sen[h]or] setʳis V 17 podesse nulh’omen guardar] pedesse uulho mē gªrdar B : pedesse nullo mē g̃ du V 18 vos] nō B : uos V 19 algũa] al̄gua V
2 perca] perça Nunes, Marroni 11 algũu] algũ(u) Nunes, Marroni : algum Littera 13 algũu] algũ(u) Nunes, Marroni : algum Littera 19 oisse] oyss(e) Nunes 21 [falasse no vosso gram ben, senhor] Nunes
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10d 10d 10a (= Tav 204:1)
Encontros vocálicos: 11 al·gu͂͜u; 13 al·gu͂͜u; 19 oisse‿en
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15. Fronte a esta ligazón causal, en todas as edicións precedentes a cantiga é editada con independencia sintáctica de todas as estrofas.
Por outra parte, é de sinalar a repetición da palabra rimante senhor nos versos primeiro e derradeiro de todas as estrofas.
A reconstrución conxectural sobre as leccións <estuho(r)> de B e <estaho> de V non é plenamente satisfactoria, como tampouco o sería a variante minoritaria estrao, documentada coas formas e flexións estrao, estraa, estrãa e estráá en diversos documentos galegos, así como na tradución da Geral Estoria (véxase TMILG s.v.). Porén, a expresión andar estranho (de alguén) é utilizada en Nun’Eanes Cerzeo: Estranho and’eu dos que me queren ben / e dos que viven migo t[o]da via (103.13-14). Enténdase, pois: ‘sempre hei de andar afastado dos que falen de cousas moi boas (pois non podería evitar falar da senhor e delatarse)’.
O indefinido algu͂u (como neu͂u), tamén no v. 13, debería, aparentemente, computar como trisilábico; porén, u͂u na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica (e algu͂u como bisilábico), revelando dese xeito que se trata de grafías conservadoras. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
Nótese a inusual aparición da grafía <ll> de null(o) en V, fronte a <lh> en B: a utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
Obsérvese a (probábel) repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: que, se oisse en algu͂a sazon / alguen falar en algun ben, que non [...] (véxase nota a 53.17-18).
Para o último verso, que falta nos dous manuscritos, a palabra rimante ten de ser necesariamente senhor por estar condicionada polo artificio do dobre. Unha hipótese de reconstrución conxectural, tendo en conta que o contido será similar ao verso correspondente da estrofa II, podería ser: [quisesse no vosso falar, senhor] ou, alternando os dous verbos de dicción tamén presentes na estrofa anterior, [quisesse do vosso dizer, senhor].