181 [= Tav 125,25]
Moir’eu e praz-me, si Deus me perdon

Moir’eu e praz-me, si Deus me perdon,
e de mia mort’ei eu mui gran sabor
por non sofrer mui gran coita d’amor
que sofri sempre no meu coraçon,
ca log’aquesta coita perderei.
E, amigos, direi-vos outra ren:
pesa-me muito que non veerei,
ante que moira, meu lum’e meu ben.
Soia-m’eu mia morte recear
e avia gran sabor de viver,
e ora moir’e praz-me de morrer
e non querria ja máis viv’andar,
e do que moiro gran prazer end’ei.
E amigos, direi-vos outra ren:
pesa-me muito que non veerei,
ante que [moira, meu lum’e meu ben].
En me prazer con mia morte razon
faç’eu mui grande, par Nostro Sennor,
ca sei de pran que, pois eu morto for,
log’esta coita perderei enton,
e quen ora temo non temerei.
E amigos, direi-vos outra ren:
pesa-me muito que non veerei,
[ante que moira, meu lum’e meu ben].
E quero-vos ora desenganar
qual ést’o ben que eu queria aver:
é mia sennor, do mui bon parecer,
e que mi faz mia morte desejar,
e que nunca máis veer poderei.
E amigos, direi-vos outra ren:
pesa-[me muito que non veerei,
ante que moira, meu lum’e meu ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


A 91, B 195

A orde das catro estrofas desta cantiga (a IV falta en A) é diferente na copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional: I-III-IV-II.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 192-193); Blasco (1984: 109-110 [= LPGP 824]); Marcenaro (2012b: 180-181); Littera (2016: II, 346).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 83-84); Carter (2007 [1941]: 55); Machado & Machado (1949: I, 317-318); Fernández Pousa (1953: 10-11); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 181).

Variantes manuscritas


1 -me, si Deus me] mj sedeꝯ mj B   2 eu mui] eımuy B   4 que] qʷl B   6 vos] uus A   7 me] mj B; veerei] uerei A   11 -me de morrer] mj de moʳrer B   12 querria] q̄iria B   13 moiro] meyro B   14 vos] vos A   15 pesa] Cesa A; me] mj B; veerei] uerei A   17 En me] De mj B   18 faç’eu] faço B   19 de pran] muj bē B   21 e quen ora temo non temerei] pʳ enmj p̃z pʳ aq̄sto sei B   23 me] mj B; veerei] uerei A   30 direi] derey B

Variantes editoriais


1 si] se Littera   6 vos] vus Michaëlis, Blasco   14 vos] v[u]s Blasco : vus Michaëlis   19 vos] vus Blasco   22 vos] vus Michaëlis, Blasco   25 vos] vus Michaëlis, Blasco   26 queria] queri(a) Michaëlis   28 e] a Michaëlis   30 vos] vus Michaëlis, Blasco

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10D 10C 10D (= Tav 175:1)

Encontros vocálicos: 9 So·i·a; 26 queria‿aver

Notas


Texto
  • 7

    Resulta sorprendente a reiterada aparición de verei en A, con crase vocálica a partir da forma precedente veerei e coa conseguinte hipometría versal, que a trisilábica forma veerei de B evita. En calquera caso, en B (e V) percíbese, con relación a A, unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: Tan vil vos serei [<seerei> B] de pagar (90.15), ca nunca vira, nen vi, nen verei [<ueerei> B] (178.6), u veran [<ueeram> B] ela que tan muito val (195.36) o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7), ben vera [<ueera> B] que cab’ela non son ren (305.9), meu ben seria <seeria> B, <seeria> V]; mais non llo direi (996.15) etc.

  • 13

    Mantemos a lección de AB coa forma do, a pesar de que a fórmula habitual neste tipo de construcións de relativo é coa preposición de sen presenza do artigo (de que moiro). A fórmula presente neste verso (do que moiro) refírese, pois, a ‘todo aquilo que lle causa a morte’.

  • 21

    O texto do Cancioneiro da Biblioteca Nacional é totalmente diverxente da lección de A: por én mi praz por aquesto que sei.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado