651 [= Tav 151,7]
Meu amigo, pois vós tan gran pesar

Meu amigo, pois vós tan gran pesar
avedes de mi vos eu assanhar,
por Deus, a quen m’assanharei,
amig’, ou como viverei?
Se m’eu a vós, meu amig’e meu ben,
non assanhar, dizede-m’ũa ren:
por Deus, a quen [m’assanharei,
amig’, ou como viverei?]
Se m’eu a vós, que amo máis ca min,
non assanhar se sabor ouver i,
por Deus, a quen m’a[ssanharei,
amig’, ou como viverei?]
Se m’eu a vós d’assanhar non ouver,
siquer dõado, quando m’eu quiser,
por Deus, a quen me [assanharei,
amig’, ou como viverei?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 636, V 237

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 67 [= LPGP 940]); Cohena (2003: 121); Littera (2016: II, 543); Cohenb (2016b: 6).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 91-92); Braga (1878: 47); Machado & Machado (1952: III, 296).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 111); Torres (1977: 436); Jensen (1992: 366); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 233); Magalhães (2007: 89).

Variantes manuscritas


1 gran] gr̃a B

Variantes editoriales


6 ũa] ua Littera   9 min] mi Nunes   14 siquer] si quer Nunes, Cohena, Cohenb   15 me] m’ Nunes, Cohena, Cohenb

Paráfrasis


(I) Meu amigo, pois vós tan gran pesar tendes porque me asaño convosco, por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir?

(II) Se eu convosco, meu amigo e meu ben, non me asaño, dicídeme unha cousa: por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir?

(III) Se eu convosco, que amo máis que a min, non me asañase se tal me apetecese, por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir?

(IV) Se eu a convosco non me houbese de asañar, mesmo sen motivo, cando eu quixer, por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir vivir?

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 8B 8B (= Tav 37:40)

Encontros vocálicos: 14 meassanharei

Notas


Texto
  • 9

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Cfr. nota a 177.22 e 243.15-16.

  • 15

    Neste verso do refrán, os apógrafos italianos introducen unha mínima variación lingüística na forma pronominal (anulada nas anteriores edicións), que supón a sinalefa me‿assanharei (véxase nota a 31.5). Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Sin resultados