I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 67 [= LPGP 940]); Cohena (2003: 121); Littera (2016: II, 543); Cohenb (2016b: 6).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 91-92); Braga (1878: 47); Machado & Machado (1952: III, 296).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 111); Torres (1977: 436); Jensen (1992: 366); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 233); Magalhães (2007: 89).
1 gran] gr̃a B
6 ũa] ua Littera 9 min] mi Nunes 14 siquer] si quer Nunes, Cohena, Cohenb 15 me] m’ Nunes, Cohena, Cohenb
(I) Meu amigo, pois vós tan gran pesar tendes porque me asaño convosco, por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir?
(II) Se eu convosco, meu amigo e meu ben, non me asaño, dicídeme unha cousa: por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir?
(III) Se eu convosco, que amo máis que a min, non me asañase se tal me apetecese, por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir?
(IV) Se eu contra vós non me houbese de asañar, mesmo sen motivo, cando eu quixer, por Deus, con quen me hei de asañar, amigo, ou como poderei vivir?
Esquema métrico: 4 x 10a 10a 8B 8B (= RM 37:40)
Encontros vocálicos: 14 me‿assanharei
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Cfr. nota a 177.22 e 243.15-16.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.