450 [= RM 61,1]
Levaran a Codorniz

Levaran a Codorniz
de casa de Don Rodrigo;
mais quen dis[s]es[s]e a Fi[i]z
aquesto que [or]’eu digo:
que guarde ben mia senhor,
ca ja [son] eu treedor
se se ela quer ir migo.
Fiiz non se quer guardar
[e] nen sol non é pensado;
mais faz-m’ela assi andar
cabo sí e namorado;
pero quer’ante molher,
que queria volonter
que fosse eu enforcado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Esta cantiga de cima fez o conde Don Gonçalo Garcia en cas Do[n] Rodrigo Sanch[e]z, por ũa do[n]zela que levaron a furto, que avia nome Codorniz, e o porteiro avia nome Fiiz.

Manuscritos


B 455

A copia manuscrita desta cantiga presenta unha segunda versión fragmentaria da estrofa II.

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 275 [= LPGP 369-370]); Lagares (2000: 115); Lopes (2002: 36); Littera (2016: I, 423).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 147-148); Machado & Machado (1950: II, 294); Rios Milhám (2018b: III, 450).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 326); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 121); Diogo (1998: 172); Corral Díaz & Vieira (2023: 157-158).

Variantes manuscritas


Rúbrica. Gonçalo] Goncalo B; e] et B

Texto. 2 Rodrigo] podrigo B   4 digo] dico B   6 ca ia (ent**di) eutre\e/dor   8 Fiiz] Fiijz B : Fiz B’   9 [e] nen sol] om. B'; pensado] reusado B   10 Mais faz mela asy andar B : eleyxame Assꝯ andar B’   11 ca \uos/ sey namorado B : cabossꝯ namorado B’   12 pero] mais B; quer’ante molher] q̄rente <...> molhr̄ B : pero <...> B’   13 eq̄ q̄ria uolunter B : qⁱ quiya uolōne B’   14 qⁱ fosse / E uē forcado B : eu enfforcado B'

Variantes editoriais


Rúbrica: Sanch[e]z] Sanches Littera.

Texto: 1 Levaran a] Levarõ-na Lapa : Levarom-n’a Lopes, Littera   3 Fi[i]z] Fiz Littera   4 [or]’eu] lh[e] Littera   6 [son] eu] eu [son] Lapa, Lopes   10 mais faz-m’ela] e leixa-m’ Lapa, Lopes, Littera   14 fosse eu enforcado] fogiss’e non forçado Lapa, Lopes : fosse eu e nom forçado Littera

Paráfrase


(I) Levaron a Codorniz de casa de Don Rodrigo; mais quen lle dixese a Fiz isto que agora eu digo: que garde ben a miña senhor, porque eu son traidor se ela se quere ir comigo.

(II) Fiz non se quere gardar e nin pensa en tal cousa; mais ela faime andar cabo de si e namorado; aínda que eu prefiro unha muller que quería de boa vontade que eu fose enforcado.

Esta cantiga de cima fíxoa o conde Don Gonzalo García na casa de Don Rodrigo Sánchez, por unha moza doncela que levaron ás agachadas, apelidada Codorniz, e o porteiro chamábase Fiz.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 7a 7’b 7a 7’b 7c 7c 7’b (= RM 101:64)

Encontros vocálicos: 3 dis[s]es[s]e‿a; 10 ela‿assi

Notas


Texto
  • *

    A segunda copia da estrofa II é fragmentaria, aínda que achega elementos para a fixación, ás veces conxectural, do texto.
    A composición alude ao rapto que Joan Bezerra fixo de Maria Rodriguez ‘Codorniz’ a mediados do século XIII. O trobador dálle consellos ao porteiro Fiiz (‘feliz’), que parece tamén estar tentado a cometer o mesmo rapto. Este acontecemento vén narrado nos Livros Velhos de Linhagens:

    E esta dona Maria Codorniz rouçou-a João Bezerra de casa de dom Rodrigo Gomes, e fege nela Gonçalo Gomes, o Gordo. E fora ante ela casada com Martim Martins Marinho, e fege nela dom Pero Martins Marinho (Mattoso & Piel 1980: 207).

  • 6

    No corpus trobadoresco é máis frecuente a posposición de eu coa forma verbal son (necesaria no verso) do que a anteposición (véxase 79.15, 381.15 vs. 1066.15).

  • 9

    É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

  • 12

    Recorremos a pero, procedente da versión fragmentaria da estrofa, pois a variante mais de B tería de ser computada como bisilábica. Véxase nota a 12.8.

  • 13

    Neste verso aparece a única ocorrencia de volonter (‘voluntariamente, de boa vontade’) na poesía profana, que, xunto coas sete ocorrencias das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1972: s.v. volonter), son as únicas documentacións deste provenzalismo (ou galicismo) que coñecemos no período medieval (cfr. García-Sabell Tormo 1990: 347).

  • 14

    O seguimento literal das dúas versións manuscritas (<E uē forcado> B : <eu enfforcado> B') leva a editar eu enforcado, en face de todas as precedentes edicións, que acomodan o texto de modos diferentes. Porén, nada hai que impida unha lectura literal nunha pasaxe que, por outra parte, presenta notábeis dificultades de edición pola fragmentación e deterioración do texto manuscrito. 
    Repárese, ademais, en que o adverbio volonter alude ironicamente ao consentimento da moza na fuxida e a referencia á forca poderá aludir ao castigo que podería sufrir o seu raptor.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado