860 [= Tav 73,1]
Amiga, ben [s]ei que non á

Amiga, ben [s]ei que non á
voss’amigo nen un poder
de vos falar nen vos veer,
e vedes per que o sei ja:
porque vos vej’ambos andar
mui tristes e sempre chorar.
Encobride[s]-vos sobejo
de min, e ja o feito eu sei
e poridade vos terrei;
mais vedes por que o vejo:
porque vos [vej’ambos andar
mui tristes e sempre chorar].
Como se fosse o feito meu,
vos guardarei quant’eu poder,
e negar-mi-o non á mester,
ca vedes por que o sei eu:
porque vos [vej’ambos andar
mui tristes e sempre chorar].
Non choredes, ca o pesar
sol Deus tost’en prazer tornar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 864, V 450

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 230-231); Finazzi-Agrò (1979: 111 [= LPGP 478]); Cohen (2003: 313); Littera (2016: I, 561-562).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 167); Braga (1878: 85); Machado & Machado (1953: IV, 193-194).

Variantes manuscritas


1 non á] noua V   2 amigo] amigꝯ V   3 vos falar] uos falar BV; vos veer] uos ueer BV   5 vos] uos BV; vej’ambos] ueianhos V   7 Encobrideꝯ sobreio B   8 feito] fcō B : fr̄o V   9 poridade] pordade V; vos] uos BV; terrei] ter ey V   11 vos] uos BV   14 vos] uos BV   15 negar] uegar V; mi-o] me B : mhe V; non] cō BV   16 eu] ca V   17 vos] uos BV   19 Non choredes eco pesar B : Nen choredes coo pesar V   20 Deus] des V; tost’en] testē B

Variantes editoriais


1 [s]ei] ei Cohen   2 nen un] nenhum Finazzi-Agrò : nẽum Littera   4 per] por Nunes, Finazzi-Agrò, Cohen   7 Encobride[s]-vos] Encobride-vus Finazzi-Agrò   13 Como] Come Cohen   15 mi-o] me Nunes, Finazzi-Agrò   19 Non] Nen Cohen 

Paráfrase


(I) Amiga, ben sei que non ten o voso amigo ningún poder para vos falar nin para vos ver, e vedes por que o sei xa: porque vos vexo andar a ambos moi tristes e chorando sempre.
(II) Gardádesvos con frecuencia de min, e eu xa sei o asunto, e gardareivos o segredo; mais vedes por que o vexo: porque vos vexo andar a ambos moi tristes e chorando sempre.
(III) Como se o asunto fose meu, encubrireivos canto eu puider e non é mester que mo neguedes, pois vedes por que o sei: porque vos vexo andar a ambos moi tristes e chorando sempre.
(1) Non choredes, que Deus adoita tornar decontado o pesar en pracer.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I, III [= Tav 160:354]) + 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (II [= Tav 160:422]) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 8 feito‿eu; 13 fosse‿o; 15 mi͜-o

Notas


Texto
  • 1

    Por máis que aver poida significar ‘considerar’ (véxase Glosario, s.v. aver1), a presenza de saber ao longo da cantiga, en todas as estrofas, xustifica a emenda editorial, non compartida por Cohen (cfr. nota a 133.27):
              Amiga, ben [s]ei que ... (v. 1)
              e vedes per que o sei ja (v. 4)
    ​​​​​​​          de min, e ja o feito eu sei (v. 8)
    ​​​​​​​          ca vedes por que o sei eu (v. 16).

  • 7

    É acertada a emenda coheniana (xa Nunes edita Encobride’-vos, suxerindo a omisión de -s), xa que o sentido da cantiga esixe tempo presente, pois a amiga encóbrese excesivamente da compañeira, mais ela coñece os feitos e gardará o seu segredo.

  • 9

    A voz poridade ‘segredo’, do lat. tard. puritātem, aparece de modo restrito no corpus trobadoresco, con só máis tres ocorrencias (568.5, 1049.2, 1075.13) nas cantigas profanas e outras tantas nas Cantigas de Santa Maria; ora ben, é especialmente frecuente na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España, para alén doutros textos galego-portugueses (véxase CGPA, s.v. puridade, poridade).

  • 13

    A concorrencia entre as formas como e come no corpus trobadoresco non xustifica a emenda de Cohen, pois é continua a alternancia das dúas variantes que se intercambian nos mesmos contextos e coas mesmas funcións. Cfr., por exemplo, como A vs. come B (237.30 e 318.11 e 17), come A vs. como B (315.5); véxase tamén 121.11 e 164.2, onde á lección com’ome en A corresponde, respectivamente, a <Comoomẽ> e <come homen> en B; e nos apógrafos italianos, véxase 572.19 e 1603.21, onde se reflicte a oposición <come> B vs. <como> V.

  • 15

    O sentido xeral da cantiga aconsella aceptar a leve emenda que Cohen realizou na lección de V (<mhe>; cfr. <me> en B) a partir do banal erro <e>/<o>, para fixar un texto e negar-mi-o non á mester: a compañeira confirma que gardará o segredo da amiga como se fose seu, e insiste na necesidade de llo contar, isto é, non llo negar.

  • 19

    O carácter epifonemático e conclusivo da fiinda condí mellor coa negación non de B do que coa copulativa negativa nen de V.

  • 20

    O adverbio toste ‘cedo, depresa’ é un provenzalismo (tamén en 484.6, 487.21, 573.3, 1367.17, 1494.13, 1509.21, 1637.11), fundamentalmente utilizado na produción poética, sobre todo nas Cantigas de Santa Maria.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado