I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 184-185 [= LPGP 551-552]); Cohen (2003: 259); Fregonese (2007: 108); Littera (2016: II, 15).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 143); Braga (1878: 71); Machado & Machado (1953: IV, 90-91).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 39-40); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 129); Arias Freixedo (2003: 558-559).
3 m’én] meu BV
1 Conselhou mí] Conselhou-mi Nunes, Fregonese, Littera 3 m’én] m’eu Fregonese 18 conselho] censelho Nunes 19 [a]tal] tal Nunes
(I) Aconselloume a min unha miña amiga que lle quixese mal ao meu amigo, e, cando me fun de alí, dixen eu así: «Rogo a Deus que El me maldiga se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello (II) cal me deu a min aquela, que os meus ollos fixo logo entón chorar; por aquel consello que me foi dar, xúrovos eu que nunca me valla Deus se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello (III) cal me a min deu aquela, que non ten dominio de si mesma nin para aconsellar a outra; e Deus por isto a deixe encontrar o mal e a min nunca me mostre pracer se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello: (1) a que me a min tal consello der tómeo para si se o quixer».
Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (I [= RM 160:293]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10C (II-III [= RM 160:145]) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 6 mi‿a; 7 mi‿a; 12 mi‿a; 13 mi‿a; 18 mi‿a; 19 mi‿a
Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
A sistemática sinalefa que se produce entre o pronome átono mi (ou lhi) e a voz seguinte iniciada por vogal, nomeadamente ũa (véxase 756.1, 1621.7, 1674.12) é indicada, de regra, nos apógrafos italianos por medio da grafía <mh>. A forma <mi> de BV neste contexto (fronte á xeral grafía <mh> do pronome perante vogal ao longo da composición, nomeadamente nos vv. 6, 7, 13 e 19) e a necesidade de hiato lévanos a considerar a existencia da forma pronominal tónica mí, que confirma o carácter eneasilábico do verso. Véxanse en UC/Glosario, s.v. mí, múltiplos contextos en que este pronome cumpre función de CD sen preposición.
A presenza do pronome eu en e ar dix’eu mostra como, con total probabilidade, existe un lapso de copia nos apógrafos italianos en <meu>, con inversión <n>/<u> (m’én). Erros idénticos poden verse en múltiplas pasaxes ao longo do corpus; tal acontece, por veces, nun cancioneiro fronte a outro(s): B vs. A: 154.14, 244.14; B vs. AV: 421.14; B vs. V 485.9; V vs. B: 555.7, 608.15 etc.; noutras ocasións, o contexto esixe a emenda (464.15, 580.10 etc.), mesmo obrigadamente pola rima (véxase, por exemplo, 186.11, 549.20).
A segunda aparición da preposición de (d’outra) semella reflexo da primeira, pois sintacticamente é anómala a súa presenza, coa expresión escurecida polo deslocamento de conselhar: «... que poder non á de conselhar sí nen (d’)outra molher...».
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: