(I) Aconselloume a min unha miña amiga que lle quixese mal ao meu amigo, e, cando me fun de alí, dixen eu así: «Rogo a Deus que El me maldiga se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello (II) cal me deu a min aquela, que os meus ollos fixo logo entón chorar; por aquel consello que me foi dar, xúrovos eu que nunca me valla Deus se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello (III) cal me a min deu aquela, que non ten dominio de si mesma nin para aconsellar a outra; e Deus por isto a deixe encontrar o mal e a min nunca me mostre pracer se eu nunca tiver por amiga a que a min me der tal consello: (1) a que me a min tal consello der tómeo para si se o quixer».