277 [= Tav 79,11]
Com’oj’eu vivo no mundo coitado!

Com’oj’eu vivo no mundo coitado!
Nas graves coitas que ei de sofrer
non poderia outro ome viver
nen eu fezera temp’á i passado,
mais quando cuid’en qual mia sennor vi,
entanto viv’e entanto vivi,
e tenno-m’én das coitas por pagado.
E empero quand’eu en meu cuidado
cuido nas coitas que me faz aver,
coido mia mort’e querria morrer,
e coid’en como fui mal dia nado;
mais quand’ar cuid’en qual mia sennor vi,
de quantas coitas por ela sofri
muito m’én tenno por aventurado.
E en seu ben per mí seer loado
non á mester de ende máis dizer,
ca Deus-la fezo qual mellor fazer
soub’eno mund’, e ben maravillado
sera quen vir a sennor que eu vi
pelo seu ben, e ben dira per mí
que ben dev’end’a Deus a dar bon grado
de quantas coitas por ela sofri,
se Deus mi-a mostre como a ja vi
seendo con sa madre en un estrado!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 170, B 321

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 338-339 [LPGP 529]); Correiaa (2001: 383); Correiab (2016: 70); Littera (2016: I, 602-603).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117-118); Carter (2007 [1941]: 102); Machado & Machado (1950: II, 68-69); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 277).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 530-531).

Variantes manuscritas


3 outro ome] outrome B   4 temp’á i] tenpaia B   8 E] {E} A : om. B; quand’eu] quando eu B; en meu] ē nomeu B   9 me] mj B   10 coido mia mort’e querria morrer] E cuido na morte queria moirer B   11 coid’en] cuyden B   12 quand’ar] ʷdo ar B; cuid’en] cuid(o) en A   14 aventurado] aueturado A   16 non] no A; de ende] de(o) ende A : deo en B; máis] mas A   17 Deus-la fezo] d’s la fez{o} A : deula fez B   18 mund’, e ben maravillado] mūdo e m̃auilhado B   19 quen] ꝙʷ B   20 mí] mj̄ B   21 dev’end’a] deuu end a A; a dar bon grado] dar bon gardo B   24 madre en] madrē B

Variantes editoriais


3 outro ome] outr(o) ome Michaëlis : outr’ome Correiaa, Correiab, Littera   7 m’én das] m’end’as Michaëlis : m’eu das Littera   8 E empero ... en] Empero ... en[o] Michaëlis, Littera   10 coido] cuido Correiab, Littera  11 coid’] cuid’ Correiab, Littera   16 máis] ma[i]s Michaëlis   24 madre en] madr(e) en Michaëlis : madr’en Correiaa

Paráfrase


(I) Como eu hoxe vivo no mundo coitado! Nas graves coitas que eu teño de sufrir non podería outro home vivir nin eu o tería feito hai algún tempo, mais cando penso en como vin a miña señora, entre tanto vivo e entre tanto vivín, e por iso me dou por compensado polas coitas.

(II) Aínda que cando eu no meu pensamento penso nas coitas que me fai sufrir, penso na miña morte e querería morrer, e penso en como nacín nun aciago día; mais, cando penso tamén en como eu vin a miña señora, de cantas coitas por ela sufrín, considérome por iso moi afortunado.

(III) E en ser louvado por min o seu ben non é preciso dicir máis ao respecto, pois Deus a fixo o mellor que soubo facer no mundo, e quen vexa a señora que eu vin ben marabillado será polo seu ben, e ben dirá de min que ben debo por iso estar agradecido a Deus (1) por cantas coitas por ela sufrín, así Deus ma mostre como xa a vin estando sentada con súa nai nun lugar relevante!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= Tav 161:151)

Encontros vocálicos: 3 outro‿ome; 23 mi-‿a; 24 madre‿en

Notas


Texto
  • 4

    Obsérvese a perfecta equivalencia semántico-métrica entre a construción de A (temp’á i) e a formulación de B (temp’á ja).

  • 7

    Mantemos a leccións dos manuscritos coa segmentación que esixe a rexencia da preposición de do verbo pagar-se, seguindo a suxestión de Nobiling (2007: 197), que propón tenho-m’eu das coitas...

  • 8

    A lectura deste verso é produto do seguimento da emenda introducida polo revisor de A, que corrixe a hipometría e traslada, ademais, o sistemático acento para a cuarta sílaba polo carácter oxítono de empero; tamén parece correcta a lección de B, se se considera a existencia dun hiato no encontro quando eu (Empero quando eu enno meu cuidado). A locución conxuntiva e empero, de valor concesivo (véxase tamén 315.18 e 407.6) convive no corpus coa máis utilizada e pero (véxase nota a 4.5).

  • 10

    O texto copiado en B (e cuido na mort’e querria morrer) constitúe máis outro caso de hipermetría pola presenza da copulativa inicial, ausente en A.

  • 16

    É certamente rara a aparición da secuencia de ende, con hiato en vez de crase ou, alternativamente, sinalefa (con lección alternativa en B: non á mester de o én máis dizer); só se rexistra unha secuencia semellante en entendede en (297.r1), tamén con versión alternativa que evita tal encontro en B.
    E tamén é moi esporádico o erro de copia (por omisión) en A no adverbio de cantidade máis, pois só volve aparecer <mas> como adverbio en 305.r1 e 277.16.

  • 17

    Na grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador obsérvese a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante, coa manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro en face dunha representación gráfico-fonética -l-: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.

    Nótese, ademais, como a variante fez de B faría hipométrico o verso, que foi corrixido en A coa forma fezo (véxase nota a 53.16).

  • 18

    A segmentación de eno en soub’eno vén suxerida pola lección ajudiana <soub eno> (cf. <soube no> en B), aínda que a deglutinación soube no tamén é posíbel e correcta.

  • 23

    Neste verso se é equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.), tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 24

    A voz estrado ‘peza de mobiliario utilizada como asento’ só volve aparecer en 766.6 (e vós ide-vos chegando lá todas per ess’estrado). Na prosa aparece en contextos moi similares, como mostra a Crónica Troiana: sentárõsse anbos en hu͂ estrado ... Et foysse sentar cõ ela en hu͂ estrado (Lorenzo 1985: 253, 259).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado