1288 [= Tav 93,7]
Se vos prouguer, madr’, oj’este dia

Se vos prouguer, madr’, oj’este dia,
irei oj’eu [por] fazer oraçon
e chorar muit’en Santa Cecilia
destes meus olhos e de coraçon,
ca moir’eu, madre, por meu amigo,
e el morre por falar comigo.
Se vos prouguer, madre, desta guisa
irei ala mias candeas queimar,
eno meu mant’e na mia camisa,
a Santa Cecilia, ant’o seu altar,
ca moir’eu, [madre, por meu amigo,
e el morre por falar comigo].
Se me leixardes, mia madr’, ala ir,
direi-vos ora o que vos farei:
punharei sempre ja de vos servir
e desta ida mui leda verrei,
ca moir’eu, ma[dre, por meu amigo,
e el morre por falar comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1271, V 877

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 435-436 [= LPGP 618]); Lopes (1963: 56-58); Cohen (2003: 506); Littera (2016: II, 87).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 300); Braga (1878: 164-165); Machado & Machado (1956: V, 384-385); Monteagudo (1998b: 136); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 82); Nunes (1959: 301-302).

Variantes manuscritas


1 prouguer] prouger B   2 oraçon] oracon B   5 ca] sa V   6 morre] moire B   15 ja] om. B

Variantes editoriais


2 oj’eu [por] fazer] oj’eu fazer Nunes : hoj[e] eu fazer Littera   3 Santa] Sancta Lopes   9 mant’e] mant e Lopes   10 Santa] Sancta Lopes

Paráfrase


(I) Se vos prace, miña nai, hoxe a Santa Cecilia irei rezar e chorar moito destes meus ollos e de corazón, pois morro, madre, polo meu amigo, e el morre por falar comigo.
(II) Se vos prace, madre, deste modo irei alá queimar as miñas candeas, vestida con manto e camisa, a Santa Cecilia, perante o seu altar, pois morro, madre, polo meu amigo, e el morre por falar comigo.
(III) Se me deixades, miña nai, ir alá, direivos agora o que farei: esforzareime sempre en vos servir e desta vez virei moi leda, pois morro, madre, polo meu amigo, e el morre por falar comigo.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 10b 9’a 10b 9’C 9’C (I-II [= Tav 99:43]) + 10a 10b 10a 10b 9’C 9’C (III [= Tav 99:36])

Encontros vocálicos: 3 Ce·ci·li͜a; 10 Ce·ci·li͜a,‿ant’

Notas


Texto
  • 1

    O sintagma oj’este dia, locución adverbial equivalente a ‘hoxe’, é a formulación xeral no corpus trobadoresco (520.7, 715.4, 983.7, 1288.1, 1467.5), aínda que pode aparecer con elementos interpolados (cfr. 736.5 Se oj’el este dia / soubesse, migo iria) ou sen a presenza do demostrativo (oje dia cuidades que venha?; 682.3). En calquera caso, resulta significativo que hoj’este dia represente exactamente o hodie latino (> hoje), con orixe en hoc die ‘(n)este día’.

  • 2

    A integración de por no verso, inducida pola ausencia de unha sílaba métrica, está xustificada por similares construcións no corpus:
              Por fazer romaria pug’en meu coraçon
              a Santiag’un dia, por fazer oraçon
              e por veer meu amigo log’i (678.2, Airas Carpancho).

     

    ​​​​​​​          Por fazer oraçon
              quer’oj’eu ala ir (1259.7, Martin de Padrozelos).

  • 3

    Neste verso, como noutras pasaxes de Martin de Giinzo, aparece a referencia a Santa Cecilia, unha ermida dedicada a esta santa, aínda sen identificar, probabelmente ligada tamén a Soveral (act. Sobral), lugar da parroquia de Xeve, no concello de Pontevedra (Galiza), moi próximo a Bagüín, no concello de Marín (véxase cantiga 1292). Lémbrese que o refrán de UC 1292 alude explicitamente a esa ermida:

    na ermida do Soveral
    u m’el fez muitas vezes coitada estar,
    na ermida do Soveral.

    Souto Cabo (2018: 88) relaciona o xograr coa parroquia de Xinzo (concello de Ponteareas), onde hai un lugar actualmente denominado Sobral (nome de diversos lugares no sudoeste galego).

    Santa Cecilia, forma presente en todas as cantigas de Martin de Giinzo, agás na última (talvez incompleta), mostra unha forma antroponímica discutida por Montero Santalha (2004), que apunta a posibilidade de Cecilia contituír unha corrección latinizante nos cancioneiros, razón por que propón a emenda Cecia: «É uma modificação que, embora insegura, me parece mais provável que a opção de manter a lição dos manuscritos [...]. Por diversos motivos considero que Cecia devia de ser a forma empregada originariamente pelo trovador, e que a forma Cecília reflectirá uma correcção de influxo culto realizada no processo de transmissão textual. Com efeito, Santa Cecia é forma usada em documentos medievais e que ainda pervive hoje».
    No entanto, é sistemático o uso desta forma nas cantigas de Martin de Giinzo, e varias veces en rima: dia : Cecilia  (1288.1-3, 1290.1-2, 1291.1-2), romaria : Cecilia (1289.1-2), Cecilia : queria (1289.11-12).
    No que di respecto á documentación medieval, só achamos Cezia nun documento de 1289 (véxase TMILG, s.v.): Item aa ygregaa de Santa Cezia et da uila I doezema que (...) XV soldos de leoneses. As restantes atestacións levan á forma Cecilia (en dia de Santa Cecilia en pã e uino; doc. de mediados do s. XIII) e a Cezilia (Cezilia Afonso; doc. de 1453), forma que tamén aparece nun texto da Chancelaría de Dom Duarte, xunto coa variante Cezilha (cfr. CdP, s.v.). Canto ás Cantigas de Santa Maria, rexístrase só a forma Cezilla:
              E trouxe dous menynnos
              sig’, aquel fill’e hũa filla;
              e macar pequenỹos
              eran, por los de peccadilla
              tirar, en Santa Cezilla,
              na pia sagrada,
              os fez dessa vegada
              A Madre de Deus onrrada ... (CSM 89.74).

    Por outra parte, resulta extraordinaria a rima dia : Cecilia, similar a outras defectuosas, como nemiga : preitesia. Véxase nota a 494.7-8 e 1287.8.

  • 10

    Neste verso pode verse unha insólita –e forzada– sinalefa que liga a última sílaba de Cecilia con ant(e). Véxase nota a 1292.16.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado