(I) Se vos prouguer, miña nai, hoxe a Santa Cecilia irei facer oración e chorar moito e de corazón con estes meus ollos, pois eu morro, madre, polo meu amigo, e el morre por falar comigo.

(II) Se vos prouguer, madre, deste modo irei alá queimar as miñas candeas, vestida con manto e camisa, a Santa Cecilia, perante o seu altar, pois eu morro, madre, polo meu amigo, e el morre por falar comigo.

(III) Se me deixardes, miña nai, ir alá, direivos agora o que farei: esforzareime sempre en vos servir e desta vez virei moi leda, pois eu morro, madre, polo meu amigo, e el morre por falar comigo.