520 [= Tav 25,55]
Nostro Senhor, ajades bon grado

Nostro Senhor, ajades bon grado
por quanto m’oje mia senhor falou;
e tod’esto foi porque se cuidou
que andava d’outra namorado,
ca sei eu ben que mi non falara
se de qual ben lh’eu quero cuidara.
Porque mi falou oj’este dia,
ajades bon grado, Nostro Senhor;
e tod’esto foi porque mia senhor
cuidou que eu por outra morria,
ca sei [eu ben que mi non falara
se de qual ben lh’eu quero cuidara].
Porque m’oje falou, aja[des], Deus,
bon grado; mais desto non fora ren
senon porque mia senhor cuidou ben
que d’outra eran os desejos meus,
ca sei eu ben que mi non falara
[se de qual ben lh’eu quero cuidara],
ca tal é que ante se matara
ca mi falar se o sol cuidara.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 522, V 105

No Cancioneiro da Vaticana, entre os dous versos do refrán da primeira estrofa, aparecen copiados e riscados cun trazo horizontal os dous últimos versos íntegros e a palabra final do antepenúltimo da primeira estrofa da cantiga anterior (519.8-10). Así mesmo, entre as estrofas I e II, aparecen copiados –e riscados– outros tres versos desa mesma cantiga.

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 30-31 [= LPGP 202-203]); Nunes (1972 [1932]: 107-108); Littera (2016: I, 179-180).
II. Outras edicións: Moura (1847: 38-39); Monaci (1875: 46-47); Braga (1878: 22); Machado & Machado (1952: III, 59-60); Júdice (1997: 101); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 370); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 46); Arias Freixedo (2003: 370-371).

Variantes manuscritas


3 tod’esto] codesto V   4 namorado] namora(n)do B : namorando V   6 (se de qual pesar guysādolo nrō senhor / como mhiami foy) guysar / se de qual benlheu quero cydara V   10 morria] moiria B   17 mi] mī B

Variantes editoriais


10 morria] moiria Lang   11 ben] bien Nunes   13 Porque] Por quanto Lang, Nunes; aja[des]] aja Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Noso Señor, douvos as grazas por canto hoxe a miña senhor me falou; e todo isto foi porque ela pensou que eu andaba doutra namorado, pois sei eu ben que non me falaría se imaxinase o moito que a amo.

(II) Porque me falou hoxe douvos as grazas, Noso Señor; e todo isto foi porque a miña senhor coidou que eu morría de amor por outra, pois sei eu ben que non me falaría se imaxinase o moito que a amo.

(III) Porque me falou hoxe, tende, Deus, o meu agradecemento; mais disto non habería nada se non fose porque a miña senhor pensou que os meus desexos eran por outra, pois sei eu ben que non me falaría se imaxinase o moito que a amo,

(1) porque ela é tal que se mataría antes de me falar se tan sequera o sospeitase.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 9’C 9’C (I, II [= Tav 160:294]) + 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (III [= Tav 160:261]) + 9’c 9’c

Notas


Texto
  • 7

    A expresión oj’este dia, locución adverbial equivalente a ‘hoxe’, é a formulación xeral corpus trobadoresco (715.4, 983.7, 1288.1, 1467.5), aínda que pode aparecer con interpolacións (cfr. 736.5 Se oj’el este dia / soubesse, migo iria) ou sen a presenza do demostrativo (682.3 oje dia cuidades que venha?). En calquera caso, resulta significativo que hoj’este dia represente exactamente o hodie latino (> hoje), con orixe en hoc die ‘(n)este día’.

  • 13

    Face á emenda de Lang e Nunes, no inicio do verso, sen apoio semántico-textual –e a inacción editorial de Littera perante a hipometría do verso–, a emenda de aja a prol de ajades é coherente do punto de vista métrico e mais do contido da cantiga, pois o trobador diríxese directamente a Nostro Senhor / Deus e a construción ajades bon grado inicia as estrofas anteriores (véxanse vv. 1 e 8). Desde unha perspectiva paleográfica, a duplicación da abreviatura <đs> (<ajađs đs>) puido facer que o copista pensase nun erro do exemplar e eliminase unha das abreviaturas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado