1239 [= Tav 64,26]
Por Deus, amiga, preguntar-vos-ei

– Por Deus, amiga, preguntar-vos-ei
do voss’amigo, que vos quer gran ben,
se ouve nunca de vós algun ben;
que mi-o digades e gracir-vo-l’-ei.
– Par Deus, amiga, eu vo-lo direi:
serviu-me muit’e, eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer.
– Amiga, vós non fezestes razon
de que perdestes voss’amig’assi:
quando vos el amava máis ca sí,
por que lhi non fezestes ben enton?
– Eu vos direi, amiga, por que non:
serviu-me [muit’e, eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer].
– Vedes, amiga, meu sén ést’atal
que, pois vos Deus amigo dar quiser
que vos muit’am’e vos gran ben quiser,
ben lhi devedes fazer e non mal.
– Amiga, non lhi pud’eu fazer al:
serviu-[me muit’e, eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1223, V 828

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 395-396); Zilli (1977: 96 [= LPGP 424]); Cohen (2003: 458); Littera (2016: I, 479-480).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 285); Braga (1878: 156); Machado & Machado (1956: V, 337).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 343); Landeira Yrago (1975: 220); Magalhães (2007: 106).

Variantes manuscritas


2 gran] grã B   5 amiga] amigo B   9 que] (ꝑ) q̄ B ; voss’] noss V   11 por] Pº B   16 Deus] om. V; vos] om. B   17 gran] grã B

 

Variantes editoriais


1 vos] vus Zilli   2 vos] vus Zilli   6 serviu-me muit’e, eu por lhi fazer] serviu me muito, e por lh’eu fazer Cohen : serviu-me muit’, e por lhi [nom] fazer Littera   10 vos] vus Zilli; ca sí] ca ‘ssy Zilli   12 vos] vus Zilli   13 serviu-me muit’e, eu por lhi fazer] serviu me muito, e por lh’eu fazer Cohen : serviu-me muit’, e por lhi [nom] fazer Littera   15 ést’atal] est atal Nunes   16 Deus vos] Deus vus Zilli : vos Deus Cohen   17 vos ... vos ] vus ... vus Zilli   20 serviu-me muit’e, eu por lhi fazer] serviu me muito, e por lh’eu fazer Cohen : serviu-me muit’, e por lhi [nom] fazer Littera

Paráfrase


(I) –Por Deus, amiga, quérovos preguntar polo voso amigo, que vos ama moito, se recibiu de vós nalgún momento algún ben; dicídemo e agradeceréivolo. 
–Por Deus, amiga, héivolo de dicir: serviume moito e, por lle facer ben eu, foi el amar outra muller.
(II) –Amiga, vós non obrastes ben perdendo o voso amigo así: cando el vos amaba máis que a si mesmo, por que non lle fixestes ben daquela? 
–Eu direivos, amiga, por que non: serviume moito e, por lle facer ben eu, foi el amar outra muller.
(III) –Vedes, amiga, o meu parecer é tal que, pois vos Deus quixo dar amigo que vos amase moito e que vos quixese ben, debiádeslle facer ben e non mal. 
–Amiga, eu non lle puiden facer outra cousa: serviume moito e, por lle facer ben eu, foi el amar outra muller.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= Tav 139:4)

Encontros vocálicos: 4 mi͜-o

Notas


Texto
  • 6-7

    A partir dunha expresión considerada anómala por Cohen, o editor norteamericano emenda o refrán para ‘normalizar’ tal expresión:
              serviu me muito, e por lh’ eu fazer
              ben, el foi outra molher ben querer.

    En verdade a fórmula do refrán é peculiar, mais é produto do deslocamento de eu. Esta xera un hipérbato que produce un certo estrañamento sintáctico que, con todo, non xustifica as emendas de Cohen:
              serviu-me muit’e, eu por lhi fazer
              ben, el foi outra molher ben querer.

    Isto é: «serviu-me muit’e, por eu lhi fazer / ben, el foi outra molher ben querer».

  • 10

    Nótese a errada interpretación de Zilli, que considera o pronome si como unha forma aferética do adverbio assi, que xustifica do seguinte modo: «l’avverbio (...) allude al comportamento infedele dell’amico che foy outra molher ben querer (v. 7)».

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Cfr. nota a 177.22 e 243.15-16.

  • 16

    Perante a omisión de un elemento textual en cada un dos apógrafos (Deus en V, vos en B), a orde proposta parte da habitual interpolación pronominal no corpus. Véxanse construcións similares no corpus, co inicio pois vos Deus... en diversas pasaxes: 39.13, 161.19, 297.10 etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado