(I) –Por Deus, amiga, quérovos preguntar polo voso amigo, que vos ama moito, se recibiu de vós nalgunha ocasión algún ben; dicídemo e agradeceréivolo. 
–Por Deus, amiga, héivolo de dicir: serviume moito e, en pago do ben que eu lle fixen, foi el amar outra muller.

(II) –Amiga, vós non obrastes ben perdendo o voso amigo así: cando el vos amaba máis que a si mesmo, por que non lle fixestes ben daquela? 
–Eu vos direi, amiga, por que non: serviume moito e, en pago do ben que eu lle fixen, foi el amar outra muller.

(III) –Vede, amiga, o meu parecer é tal que, pois vos Deus quixo dar un amigo que vos amase moito e que vos quixese ben, debédeslle facer ben e non mal. 
–Amiga, eu non lle puiden facer outra cousa: serviume moito e, en pago do ben que eu lle fixen, foi el amar outra muller.