1185 [= Tav 85,14]
Nas barcas novas foi-s’o meu amigo d’aqui

Nas barcas novas foi-s’o meu amigo d’aqui,
e vej’eu viir barcas e tenho que ven i,
mia madre, o meu amigo.
Atendamos, ai madr’, e sempre vos querrei ben,
ca vejo viir barcas e tenho que i ven,
mia madre, o [meu amigo].
Non faç’eu desguisado, mia madre, no cuidar,
ca non podia muito sen mí alhur morar,
mia madre, o meu amigo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1168, V 774

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 359 [= LPGP 581-582]); Reali (1964: 29-30); Cohen (2003: 402); Littera (2016: II, 35).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 267); Braga (1878: 146); Machado & Machado (1956: V, 264).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 67); Fernández Pousa (1951: 118); Piccolo (1951: 140); Nunes (1959: 288); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 61); Álvarez Blázquez (1975: 201); Torres (1977: 88); Beltrán (1987: 70); Tavani (1989: 9); Jensen (1992: 198); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 142); Diogo (1998: 233).

Variantes manuscritas


2 viir] ueir B   4 Atendamos] Atendamus V; querrei] q̅irey B   5 i ven] uē hi BV   6 madre, o] madre B : madro V   7 desguisado] desaguisado BV   9 madre, o] madre B : madro V

Variantes editoriais


2 viir] veir Reali   4 Atendamos] Atendamus Reali; madr’, e] madre Nunes, Reali, Cohen; vos] vus Reali   5 i ven] ven hi Reali   7 desguisado] desaguisado Nunes, Reali; mia madre, no cuidar] mia madr’, eno cuidar NunesCohen : mia madr’, em o cuidar Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo foise de aquí nas barcas novas, e vexo eu vir barcas e acho que vén nelas, miña nai, o meu amigo.

(II) Esperemos, ai madre, e sempre vos quererei ben, porque vexo vir barcas e penso que vén nelas, miña nai, o meu amigo.

(III) Non erro eu, miña nai, no meu pensar, porque non podía vivir moi lonxe de min, miña nai, o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 13a 13a 7’B (= Tav 26:32)

Notas


Texto
  • 2

    É en verdade extraordinaria a forma veir de B (aceptada por Reali), fronte a viir de V, de modo que con certa seguranza se pode afirmar que estamos perante un erro de copia no Cancioneiro da Biblioteca Nacional: para alén da súa inexistencia na lingua trobadoresca, só se rexistra unha decena de ocorrencias na prosa, limitada a uns poucos documentos do primeiro período galego-portugués (véxase CGPA, s.v. ueir, veir). De todos os modos, a variante de B lembra a forma veian (vs. viian) transmitida por A en 272.4.

  • 4

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<Atendamus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

    Canto á segmentación da copulativa, que ningún dos precedentes editores realizou agás Littera, esta contribúe á fluidez sintáctica e expresiva da pasaxe (Ferreiro 2019).

  • 5

    Nas cantigas profanas rexístranse diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, un erro que é delatado pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17 etc.). Neste verso, a lección <uē hi> debe ser emendada, atendendo aos argumentos métricos, en i ven.

  • 7

    A forma desaguisado provoca que o verso sexa hipómentro; o problema resólvese recorrendo á variante desguisado, sen a- protético na base da formación nominal. Similares desaxustes métricos provocados por lapsos de copias poden verse en, por exemplo, 56.12, 1151.2 ou 1643.3, en que a forma desaguisado de B ou BV precisa da emenda en prol de desguisado. En calquera caso, en 317.4 o Cancioneiro da Ajuda presenta a correcta lección desguisado fronte a desaguisado en B, feito que confirma a lexitimidade desta operación ecdótica.
    Ademais, nótese como a lectura de Littera, coa deglutinación em o, suxire a presenza dun pronome o sen referente claro en face de no~eno cuidar ‘no pensamento’: Non faç’ eu desguisado, mia madr’, em o cuidar.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado