[last revised: 15/10/2022]Print

702 [= Tav 79,22]
Filha, direi-vos ũa ren

– Filha, direi-vos ũa ren
que de voss’amig’entendi,
e filhad’algun conselh’i:
digo-vos que vos non quer ben.
– Madre, creer-vos-ei eu d’al
e non desto, per bõa fe,
ca sei que mui melhor ca sí
me quer nen que m’eu quero mí.
– Mal mi venha, se assi é.
– Madre, creer-vos-ei eu d’al,
mais non desso, ca ‘ssi lhe praz
de me veer, que, pois naci,
nunca tal prazer d’ome vi.
– Filha, sei eu que o non faz.
– Madre, creer-vos-ei eu d’al,
mais non vos creerei per ren
que no mundo á que quera tan gran ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 

Manuscripts


B 687, V 289

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 110-111 [= LPGP 535]); Cohen (2003: 172); Littera (2016: I, 613).
I. Outras edicións: Monaci (1875: 115); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 362-363).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 167); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 125).

Manuscript variants


1 direi] derey V   3 filhad’] falhad B

Editorial variants


6 desto] d’esso Nunes : desso Cohen, Littera   8 m’eu] meu Nunes   17 que] que[n] Cohen; quera] queira Nunes, Littera

Paraphrase


(I) –Filla, direivos unha cousa que entendín do voso amigo, e tomade algunha determinación sobre iso: dígovos que non vos ama. –Madre, crerei-vos eu outra cousa (II) e non isto, abofé, pois sei que me quere mellor que a si e que eu me quero a min mesma. –Mal me veña se é así. –Madre, crerei-vos eu outra cousa, (III)  mais non iso, pois tanto lle prace verme que, desde que nacín, nunca vin tal pracer de ninguén. –Filla, eu sei que non o fai. –Madre, crerei-vos eu outra cousa, (1) mais non vos crerei por nada que hai no mundo quen ame tanto.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C + 8d 10d (= Tav 155:18)

Encontros vocálicos: 17 mundo‿á

Notes


Text
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 6

    A emenda do demostrativo en Nunes, Cohen e Littera (esto > esso; cfr. v. 11) non ten apoio na unánime lección <esto> de BV.

  • 7-8

    Igual que na frecuente expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), en querer melhor ca mi(n)/si (261.8-9, 530.4, 531.r, 683.7, 830.13-14, 1091.19), tampouco existe preposición para introducir o complemento pronominal. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 8

    A edición nunesiana non realiza a necesaria segmentación m’eu, de modo que fixa un posesivo meu sen sentido no contexto (*nen que meu quero mi).

    Por outra parte, o pronome persoal tónico , en función de CD, pode aparecer sen preposición a, igual que os restantes pronomes tónicos oblicuos (ti, el(as), nós, vós), que presentan idéntico comportamento. Cfr. nota a 4.9.

  • 11

    O adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois da conxunción causal ca (véxase 94.10, 239.10, 290.16, 321.15, 983.3, 1022.r2, 1231.71364.r3). Véxanse tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.

  • 17

    Obsérvese a aparición da variante quera, que responde á forma clásica do presente subxuntivo latino de querer (< quaeram, quaeras etc.), resultado minoritario con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
    Resulta desnecesaria, por outra banda, a reintegración que[n] de Cohen, pois a forma que ten con frecuencia o valor de ‘quen’.

Search
    No results