(I) –Filla, direivos unha cousa que entendín do voso amigo, e tomade algunha determinación sobre iso: dígovos que non vos ama.

Madre, crereivos eu outra cousa (II) e non isto, abofé, pois sei que me quere mellor que a si e que eu me quero a min mesma.

–Mal me veña se é así.

 –Madre, crereivos eu outra cousa, (III) mais non iso, pois tanto lle prace verme que, desde que nacín, nunca vin tal pracer de ninguén.

–Filla, eu sei que non o fai.

–Madre, crereivos eu outra cousa, (1) mais non vos crerei por nada que hai no mundo quen ame tanto.