[last revised: 10/05/2020]Print

123 [= Tav 97,7]
Eu sõo tan muit’amador

Eu sõo tan muit’amador
do meu linnagen que non sei
al no mundo querer mellor
d’ũa mia parenta que ei;
e quen sa linnagen quer ben
tenn’eu que faz dereit’e sén,
e eu sempr’o meu amarei.
E sempre serviç’e amor
eu a meu linnagen farei:
entanto com’eu vivo for
esta parenta servirei,
que quero mellor d’outra ren,
e muito serviç’en mí ten
se eu poder, e poderei.
Pero nunca vistes moller
nunca chus pouco algo fazer
a seu linnagen, ca non quer
en meu preito mentes meter;
e poderia-me prestar,
par Deus, muit’e non lle custar
a ela ren de seu aver.
E veede se mi á mester
d’atal parenta ben querer,
que m’ei a queixar se quiser-
-lle pedir alg’ou a veer;
pero, se me quisesse dar
algo, faria-me preçar
atal parenta e valer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


A 37

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 80-81); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 56); Vallín (1995b: 209-211 [= LPGP 729-730]); Lopes (2002: 41); Littera (2016: II, 237-238).
II. Outras edicións: Michaëlis (2004 [1896-1905]: 437); Carter (2007 [1941]: 24); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 123).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 5-6); Piccolo (1951: 18-19); Sansone (1990: 96-98); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 171); Diogo (1998: 41-42).

Manuscript variants


1 sõo] soon A   8 E] {e} A   27 preçar] precar A

Editorial variants


5 sa] a sa Lopes, Littera   8 E] om. Bertolucci Pizzorusso, Vallín; serviç’e] serviç[o] e Bertolucci Pizzorusso, Vallín   16 pouco algo] pouc(o) algo Michaëlis : pouc’algo Lopes, Littera   25 alg’ou a] algo, u a Michaëlis : algo u a Lopes   26 me] mi Lopes, Littera

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:51)

Encontros vocálicos: 16 pouco‿algo; 22 mi‿á

Notes


Text
  • *

    O motivo dos amores cunha parenta presentado nesta cantiga permite relacionar a composición de Paai Soarez de Taveiroos coa cantiga 327, de Fernan Fernandez Cogominho, que fala dos amores cunha sobrinha.

  • 5

    Obsérvese o xénero feminino de linnagen nesta ocasión fronte ao masculino nos vv. 2, 9 e 17 e mais nas restantes ocorrencias desta voz no corpus (véxase Glosario, s.v. linhagen). Neste sentido, téñase en conta que o sufixo galo-románico -age xa comeza a mostrar indicios de nasalización (e consolidación da consoante nasal) ao longo do corpus, nomeadamente en peage ~ peagen (véxase Glosario, s.v.). No caso de linhage ~ linhagen, a primeira forma aparece sempre en final de verso por cuestións rimáticas, en combinación, entre outras, coa forma verbal trage, ou, como no presente contexto, pola necesaria segmentación da copulativa.

  • 8

    A corrección marxinal de A acrecenta a copulativa inicial do verso, necesaria para a medida octosilábica do verso, que deste modo non precisa a reintegración vocálica feita por Bertolucci Pizzorusso e Vallín.

  • 16

    O adverbio chus, procedente do lat. plūs, entrou en competencia con máis (< magĭs) e xa mostra o seu carácter regresivo na lingua trobadoresca, pois só se atesta, para alén desta cantiga, noutras cinco composicións (6.7, 13 e 15, 492.23, 770.1, 1400.20, 1439.10).

  • 24-25

    Nótese a tmese métrica de tipo simple, en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte. Tal segmentación versal volve aparecer en 14.25-26142.30-31, 430.10-11, 476.10-11, 1229.1-2, 1263.10-11, 1445.20-21, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxase nota a 14.25-26, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4.

    Por outra parte, neste verso rexístrase posposición do clítico nunha cláusula subordinada. Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo do corpus trobadoresco profano se detectan algúns casos de posposición anómala de pronomes clíticos en oracións subordinadas en que a conxunción implica, como norma, a anteposición pronominal: ca en tal ora nado / foi que, mao pecado, / amo-a endoado (22.r6-7); e sei que faço-vos, de pran, / pesar (76.15); E rogo-ll’eu que, se lha El prouguer, / mostre-mi-a ced’... (314.19-20). Algo moi similar acontece nalgunhas cláusulas causais dependentes de ca ~ que. Na prosa pode acharse moi esporadicamente algún uso similar. et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (Martínez López 1963: 190); tamén na Crónica Geral de Espanha de 1344: E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Cintra 1952-1990: IV, 442).

  • 25

    A interpretación de Michaëlis e de Lopes non ten sentido no contexto, pois o adverbio u podería ter sentido na construción u a vir, mais non neste caso, en que a conxunción ou ten un valor distributivo: ‘quer pedirlle algo, quer vela’. A distribución do texto no manuscrito tamén apunta nesta interpretación, xa que a lección é <alg ou a ueer>.

Search
    No results