22 [= Tav 57,1]
Tu, que ora vees de Montemaior

Tu, que ora vees de Montemaior,
tu, que ora vees de Montemaior,
digas-me mandado de mia senhor,
digas-me mandado de mia senhor,
ca, se eu seu mandado
non vir, trist’e coitado
serei; e gran pecado
fara se me non val,
ca en tal ora nado
foi que, mao pecado,
amo-a endoado,
e nunca end’ouvi al.
Tu, que ora viste os olhos seus,
tu, que ora viste os olhos seus,
digas-me mandado dela, por Deus,
digas-me mandado dela, por Deus,
ca, se eu seu mandado
non vir, [trist’e coitado
serei; e gran pecado
fara se me non val,
ca en tal ora nado
foi que, mao pecado,
amo-a endoado,
e nunca end’ouvi al].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 48

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 663-664 [= LPGP 357]); Littera (2016: I, 405).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 15); Machado & Machado (1949: I, 63); Rios Milhám (2017: I, 22).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 34); Pellegrini (1928: 15-16); Nemésio (1961 [1949]: 45); Piccolo (1951: 7-8); Nunes (1959: 227-228); Oliveira & Machado (1959: 28-29); Vasconcellos (1959: 18-19); Tavares (1961: 10-11); Torres (1977: 424); Correia (1978: 64); Fiúza (1981: 118-119); Gonçalves & Ramos (1983: 130); Ferreira (1988: 45-46); Pena (1990: 19-20); Ferreira (1991: 23); Jensen (1992: 132); Alonso Girgado (1992: 68); Delgado León (1996: 45-46); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 80); Arias Freixedo (2003: 223-224).

Variantes manuscritas


1 Tu] Tv B   6 coitado] coyta(n)do B   17 se eu] se en B

Variantes editoriais


1 vees] vẽes Michaëlis : vens Littera   2 vees] vẽes Michaëlis : vens Littera   11 endoado] endõado Michaëlis   23 endoado] endõado Michaëlis

Paráfrase


(I) Ti, que agora chegas de Montemor-o-Velho, ti, que agora chegas de Montemor-o-Velho, dime as novas da miña dama, dime as novas da miña dama, porque se non recibo o seu recado sentireime triste e con grandes penas, e ela cometerá un gran pecado se non me corresponde, e maldigo a hora en que nacín porque a amo en van e nunca obtiven recompensa dela.

(II) Ti, que viches os seus ollos, ti, que viches os seus ollos, dime, por Deus, as novas da miña senhor, dime, por Deus, as novas da miña senhor, [refrán].

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10a 10a 10a 6’B 6’B 6’B 6C 6’B 6’B 6’B 6C (= Tav 10:1)

Encontros vocálicos: 1 *que‿ora / ve͜es; 2 *que‿ora / ve͜es; 12 *nunca‿end(e); 24 *nunca‿end(e)

Notas


Texto
  • 1-2

    Estes dous versos resultan hipermétricos en relación co resto da cantiga se non consideramos unha sinalefa problemática co relativo que (a que é refractaria a poética trobadoresca, véxase Ferreiro 2009) ou, alternativamente, nunha contaxe monosilábica anómala de vees, P2 do verbo viir (cf. 1445.8, onde vees é bisilábico).
    Montemaior probabelmente se refire a Montemor-o-Velho, vila do distrito de Coímbra (Portugal).

  • 6

    A secuencia trist’e coitado, que aparece noutras composicións (693.2, 1159.2, 1212.2), podería non ser segmentada (triste, coitado); porén, a existencia do sintagma coa copulativa na produción prosística aconsella a segmentación que aquí se ofrece. Véxase, así, uirõ estar o duque Menesteus triste et coytado por Troylos na Crónica Troiana (Lorenzo 1985: 333).

  • 10

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

    O xeral resultado mao do lat. malum é sistemático cando vai posposto ao nome, mais coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. No que a pecado di respecto, mao pecado é solución minoritaria verbo de mal pecado, do mesmo xeito que se rexistra mao dia (vs. mal dia) e mao preço ou mao prez (vs. mal preço, mal prez).

  • 10-11

    Nótese a posposición do clítico (tamén nos vv. 22-23) nunha cláusula subordinada. Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo do corpus trobadoresco profano se detectan algúns casos de posposición anómala de pronomes clíticos en oracións subordinadas en que a conxunción implica, como norma, a anteposición pronominal: e sei que faço-vos, de pran, / pesar (76.15); que m’ei a queixar, se quiser- / -lle pedir alg’ou a veer (123.24-25); E rogo-ll’eu que, se lha El prouguer, / mostre-mi-a ced’... (314.19-20). Algo moi similar acontece nalgunhas cláusulas causais dependentes de ca ~ que (véxase nota a 216.3). Na prosa pode acharse moi esporadicamente algún uso similar. Véxase a seguinte pasaxe na tradución galega da General Estoria: et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (Martínez López 1963: 190); tamén na Crónica Geral de Espanha de 1344: E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Cintra 1990: IV, 442). 

  • 12

    Aínda que sería posíbel facer a sinalefa ouvial, por cuestións rítimicas optamos por nuncaend(e) (tamén no v. 24).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado