327 [= Tav 40,11]
[V]eeron-m’ora preguntar

[V]eeron-m’ora preguntar,
meus amigos, por que perdi
o sén; [e] dixi-lhis assi,
ca o non pudi [m]áis negar:
«A mia sobrinha mi tolheu
o sén, por que ando sandeu».
Quen ben quiser meu coraçon
saber, por que ensandeci,
pregunte-me, ca ben log’i
lhi direi eu assi enton:
«A mia sobrinha [mi tolheu
o sén, por que ando sandeu]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 366bis

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 838 [= LPGP 286]); Lopes (2002: 139); González Martínez (2012a: 144); Littera (2016: I, 306).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 134); Machado & Machado (1950: II, 147); Rios Milhám (2018a: II, 327).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 61).

Variantes editoriais


1 [V]eeron] Vẽeron Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:342)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga non responde ao canon estrito das cantigas de amor pola alusión á sobrinha que lle tolheu o sén. A teor das pesquisas biográficas sobre o autor, «hai catro donas (coñecidas) que puideron ser causa desta composición; entre elas, distínguese Maria Pires de Vides, que foi raptada por Men Cravo, tenente de Lanhoso», un dos alcaides traidores a Sancho II. «En vista deste suceso, e sendo Fernan Fernandez Cogominho un vasalo fiel a Sancho II ata o momento da súa morte en Toledo, acaso non sería posíbel que o trobador celebrase esta dama nun cantar servíndose do modelo que lle ofrecía a cantiga de amor, e, indo máis alá nesta conxectura, que fose, de maneira indirecta, un ataque a Men Cravo polo seu indecoroso acto?» (González Martínez (2012a: 150).
    Por outra banda, a relación amorosa coa sobriña lembra a cantiga do trobador de Taveirós en que se fala dos amores cunha parenta (véxase cantiga 123).

  • 1-2

    A presenza de meus amigos no inicio da cantiga confire a este sintagma un estatuto ambiguo, pois podería ser suxeito de veeron (opción de todos os precedentes editores) ou, contrariamente, a habitual apóstrofe aos amigos como destinatarios internos: a voz poética toma os amigos como confidentes e relátalles o que lle aconteceu: que outros lle viñeron preguntar por que enlouqueceu. Véxase a aparición do mesmo vocativo en posición inicial noutras moitas cantigas: 79.2, 186.1, 187.1, 267.1, 284.1, 405.1, 419.4, 423.1, 439.3, 807.3, 970.2, 1000.1, 1091.1, 1105.1, 1172.3, 1469.1, 1604.3, 1605.1, 1621.2.

  • 8

    A puntuación con vírgula final neste verso marca o carácter parentético e explicativo de por que ensandeci; con todo, sería posíbel unha puntuación alternativa, en que por que ensandeci se considere o CD de pregunte-me: ... por que ensandeci / pregunte-me.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado