[last revised: 03/08/2021]Print

663 [= Tav 106,8]
Dizede-m’ora, filha, por Santa Maria

– Dizede-m’ora, filha, por Santa Maria:
qual ést’o voss’amigo que mi vos pedia?
– Madr’, eu amostrar-vo-lo-ei.
– Qual é [o] voss’amigo que mi vos pedia?
Se mi-o vós mostrassedes, gracir-vo-lo-ia.
– Madr’, eu amostrar-vo-[lo-ei].
– [S]e mi-o vós amostrardes, gracir-vo-lo-ia,
e direi-vo-l’eu logo en que s’atrevia.
– Madr’, eu amostrar-vo-lo-ei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscripts


B 648, V 249

Entre as estrofas I e II aparece, riscado, en B o nome do trobador que inicia, a seguir, a súa serie de cantigas de amigo: Pero Garcia b’ugals̄.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 77 [= LPGP 687]); Sodré (1998: 96); Cohen (2003: 133); Pousada Cruz (2013: 290); Littera (2016: II, 188-189).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95); Braga (1878: 49); Machado & Machado (309-310); Camargo et alii (1995: 50).
III. Antoloxías: Torres (1977: 521); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 177).

Manuscript variants


1 Santa] sancta V   2 qual ést’o] E qual esso B : equal esso V   5 gracir] grazir V   7 gracir] g̃zir V   8 logo en que s’atrevia] lego ē q̄ ssatre nya B

Editorial variants


2 qual] e qual Sodré; ést’o] é o Nunes, Sodré   4 é [o]] é[st’o] Cohen, Littera

Paraphrase


(I) –Dicídeme agora, filla, por Santa María: cal é o voso amigo que me vos pedía?
–Madre, mostraréivolo eu.

(II) –Cal é o voso amigo que me vos pedía? Se vós mo mostrásedes, agradeceríavolo.
–Madre, mostraréivolo eu.

(III) –Se vós mo mostrásedes, agradeceríavolo, e direivos eu logo a que se atrevía.
–Madre, mostraréivolo eu.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 12’a 12’a 8B (= Tav 26:41)

Notes


Text
  • 2

    O sentido obriga á emenda de <esso> para ést'o, probábel erro derivado do carácter minoritario da variante éste fronte a é. En calquera caso, a lección manuscrita aconsella a restauración desa forma verbal minoritaria, por moito que Nunes e Sodré fixen a variante xeral é da P3 do presente de indicativo de seer, para nivelaren os vv. 2 e 4, exactamente ao contrario –coidamos– do que debe ser feito (véxase nota ao v. 4).

    Por outra banda, a sintaxe e a métrica indican a necesidade de omitir a copulativa inicial, como acontece noutras pasaxes ao longo do corpus, onde o testemuño diverxente dos manuscritos determina con seguranza o carácter espurio da copulativa. Isto acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso; véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (935.6, 1148.9).

  • 4

    A hipometría versal delata a ausencia do artigo de amigo que todos os editores restauran, se ben Cohen e Littera estenden a variante éste nesta reintegración, sen dúbida impelidos polo paralelismo co v. 2. No entanto, optamos por unha práctica ecdótica diferente a partir da constatación de que esta composición reitera o segundo verso de cada estrofa como verso inicial na seguinte, mais cunha importante particularidade: as estrofas II-III mostran como a reiteración presenta tamén variación na forma verbal (mostrassedes --> amostrardes); en consecuencia, respectamos no posíbel o texto dos manuscritos, coa conseguinte variación nas estrofas I-II: ést(e) --> é.

  • 7

    O xogo morfométrico da cantiga (véxase nota ao v. 4) provoca a existencia dunha concordantia temporum certamente anómala, coa utilización do futuro de subxuntivo en cláusula condicional (amostrardes) cun verbo principal en pospretérito (graciria), o cal esixiría o pretérito de subxuntivo mostrassedes. Nótese, ademais, como a diferenza silábica entre mostrardes e mostrassedes foi compensada coa utilización da forma protética do verbo (amostrardes), que é utilizada polos trobadores conforme as necesidades métricas (cfr. nota a 35.12).

  • 8

    Téñase en conta que atrever-se, á parte da preposición a e de, rexe tamén a preposición en tamén noutra ocorrencia co valor de ‘atreverse, ousar’ (135.10), e, especialmente, sempre que significa ‘confiar en, fiarse de’ (174.8, 978.9, 134.4, 1599.11).

Search
    No results