[last revised: 15/10/2022]Print

503 [= Tav 25,25]
Da mia senhor, que eu servi

Da mia senhor, que eu servi
sempr’e que máis ca mí amei,
veed’, amigos, que tort’ei,
que nunca tan gran torto vi,
ca, pero a sempre servi,
grand’é o mal que mia senhor
mi quer, mais quero-lh’eu maior
mal que posso; sei per gran ben
lhi querer máis ca min nen al,
e, se aquest’é querer mal,
est’é o que a min aven,
ca, pero lhi quero tal ben,
grand’é o mal [que mia senhor
mi quer, mais quero-lh’eu maior]
mal que posso; se per servir
e pe-la máis ca min amar,
se est’é mal, a meu cuidar,
este mal non poss’eu partir,
ca, pero que a fui servir,
grand’é [o mal que mia senhor
mi quer, mais quero-lh’eu maior]
mal que poss’, e pero nozir
non mi devia desamor
tal que no ben non á melhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 505, V 88

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 18-19 [= LPGP 187-188]); Nunes (1972 [1932]: 75-76); Littera (2016: I, 169-170).
II. Outras edicións: Moura (1847: 13-15); Monaci (1875: 41); Braga (1878: 18); Machado & Machado (1952: III, 14); Júdice (1997: 85); Montero Santalha (2004);  Rios Milhám (2018b: III, 503).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 22-23); Oliveira & Machado (1959: 54-55); Tavares (1961: 17-18); Alvar & Beltrán (1989: 367).

Manuscript variants


3 amigos] amigus V   6 grand’é] prande V   18 non] no B; partir] parar V   24 tal] cal V

Editorial variants


9 ca] c’a Lang   24 tal] c’al Lang

Paraphrase


(I) Da miña senhor, que eu sempre servín e que amei máis que a min propio, vede, amigos, que inxustiza recibo, que nunca inxustiza tan grande vin, pois, aínda que sempre a servín, grande é o mal que me quere a miña senhor, mais quérolle eu maior (II) mal, canto podo; seille querer gran ben máis que a min nin a outra cousa, e se isto é querer mal, isto é o que a min me acontece, pois, aínda que lle quero tanto, grande é o mal que me quere a miña senhor, mais quérolle eu maior (III) mal, canto podo; se por servila e amala máis que a min, se isto é mal, segundo eu penso, non podo eu deixar este mal, pois, aínda que a fun servir, grande é o mal que me quere a miña senhor, mais quérolle eu maior (1) mal, canto podo, aínda que non debía danarme un desamor tal que non hai un ben mellor.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C + 8a 8c 8c (= Tav 139:15)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 2

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), tamén nos vv. 9 e 16, moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 7

    Nótese a omisión do artigo («mais quero-lh’eu maior [o] / mal que posso») que por veces se manifesta no corpus: E, ja que vos comecei a dizer / ben que vos quero, quero-vos rogar / que vos non pes... (237.16); ca, de pran, est’é oje máis de ben / que ei (242.15); Nunca vos ousei a contar / mal que mi fazedes levar (553.11-12); tornade-vos máis cedo que poderdes (832.3) etc. 

  • 9

    A repetida expresión amar máis ca mi(n), ás veces coa extensión nen al, presenta neste caso (cfr. os vv. 2 e 16) a variante redaccional con querer, único rexistro no corpus das cantigas. Por outra parte, a construción amar máis ca mi(n) nunca presenta a preposición a co pronome, de modo que a crase langiana é errada e contradí o principio de integridade da conxunción ca na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 2012b).

  • 18

    A lección errada de V explícase a partir do comprobado erro <a>/<ti> (e <a>/<ci> nos apógrafos italianos: <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.

  • 22

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

    O verbo nozir (< nocere) ‘prexudicar, danar’, xunto coa variante nuzir (1656.6), presenta desinencia de terceira conxugación, con disimilación fronte á forma máis conservadora nuzer (74.20).

Search
    No results