(I) –Amigo, querédesvos ir?
–Si, miña señora, porque non podo facer outra cousa, pois sería prexudicial para min e para vós; por iso me convén marchar deste lugar: mais que grande será a coita que terei que soportar, cando me vir sen vós!
(II) –Amigo, e que vai ser de min?
–Ben, señora boa e de valor, e despois de eu me ir desta vez a vós havos de ir ben; mais é a miña morte afastarme de vós e ir morar a outro lugar, mais despois sen vós, dunha vez.
(III) –Amigo, eu sen vós morrerei.
–Non quererá Deus iso, señora, mais cando onde vós fordes eu non for, o que morrerá hei ser eu; mais quero eu pasar as miñas antes que vos pór en risco a vós, porque eu sen vós hei de morrer.
(1) –Amigo, querédesme matar?
–Non, miña señora, mais por vos protexer a vós, mátome a min, que o busquei.