585 [= RM 25,43]
Ai flores, ai flores do verde pino

Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo,
ai Deus, e u é.
Ai flores, ai flores do verde ramo,
se sabedes novas do meu amado,
ai Deus, e u é.
Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pôs con migo,
ai Deus, e u é.
Se sabedes novas do meu amado,
aquel que mentiu do que mi á jurado,
ai Deus, e u é.
Vós me preguntades polo voss’amigo,
e eu ben vos digo que é san’e vivo,
ai Deus, e u é.
Vós me preguntades polo voss’amado,
e eu ben vos digo que é viv’e sano,
ai Deus, e u é.
E eu ben vos digo que é san’e vivo,
e seera vosc’ant’o prazo saido,
ai Deus, e u é.
E eu ben vos digo que é viv’e sano,
e se[e]ra vosc’ant’o prazo passado,
ai Deus, e u é.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 568, V 171

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 75-76 [= LPGP 176]); Nunes (1973 [1928]: 19-20); Cohen (2003: 601); Littera (2016: I, 220-221); Fassanelli (2021: 60-62); Correia (2022: 32).
II. Outras edicións: Moura (1847: 139-141); Monaci (1875: 69); Braga (1878: 34-35); Machado & Machado (1952: III, 191-192); Cohen (1987: 50-51); Júdice (1997: 61); Montero Santalha (2004); Corral Díaz & Vieira (2023: 185); Gutiérrez (2023: 153).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 177-178); Norton (1935: 46-47); Tavares (1943 [1923]: 45); Cidade (1941: 1-2); Pimpão (1942: 64); Seoane (1941: 142-143); Nemésio (1961 [1949]: 192-193); Fernández Pousa (1951: 105-106); Bernárdez (1952: 44); Varela Jácome (1953: 55); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 127-128); Nunes (1959: 387-388); Oliveira & Machado (1959: 115-116); Vasconcellos (1959: 32-33); Tavares (1961: 40-41); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 81); Álvarez Blázquez (1975: 232-233); Landeira Yrago (1975: 280-281); Torres (1977: 250-251); Reckert & Macedo (1980: 193-194); Fiúza (1981: 86-88); Gonçalves & Ramos (1983: 292); Beltrán (1987: 39-40); Deluy (1987: 60-61); Dobarro Paz et alii (1987: 93); Ferreira (1988: 85); Alvar & Beltrán (1989: 376); Pena (1990: 163-164); Sansone (1990: 310-312); Ferreira (1991: 73-74); Jensen (1992: 76); Alonso Girgado (1992: 8); Pena (1993: 96-97); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 34); Vallín (1999: 15-16); Arias Freixedo (2003: 383-384); Magalhães (2007: 109); Alvar & Talens (2009: 592); Fidalgo (2009a: 100); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 29); Souto Cabo (2017: 74).

Variantes manuscritas


4 flores] f(o)lores V   5 sabedes] sabede B   6 Deus] des V   7-8 Se sabedes nouas domeu amigo / aq̄l q̄ mētiu do q̄mha iurado V   8 pôs] pꝯ BV   9 Deus] des V   10-11 Se sabedes nouas domeu amado / aq̄l q̄ mētiu do q̄ pꝯ cōmigo V   12 Deus] des V   13 amigo] amado B   13-15 om. V   18 Deus] des V   21 Deus] des V   24 Deus] des V

Variantes editoriais


1 pino] pĩo Nunes   4 flores] f(o)lores Lang   8 aquel que mentiu do que pôs con migo] aquel que mentiu do que mi a jurado Correia; con migo] commigo Lang : comigo Nunes   11 aquel que mentiu do que mi á jurado] aquel que mentiu do que pos con migo Correia; á] a Lang   14 san’e] sã’e Nunes   17 sano] são Nunes   19 san’e] sã’e Nunes   20 seera] será Lang, Cohen, Fassanelli; vosc’] vosco Cohen   22 sano] são Nunes   23 se[e]ra vosc’] será vosc’ Lang, Fassanelli : sera vosc[o] Cohen, Littera

Paráfrase


(I) –Ai flores, ai flores do verde piñeiro, sabedes novas do meu amigo, ai Deus, e onde está?
(II) Ai flores, ai flores do verde ramo, sabedes novas do meu amado, ai Deus, e onde está?
(III) Sabedes novas do meu amigo, aquel que faltou á verdade do que acordou comigo, ai Deus, e onde está?
(IV) Sabedes novas do meu amado, aquel que faltou á verdade do que me xurou, ai Deus, e onde está?
(V) –Vós preguntádesme polo voso amigo, e eu ben vos digo que está san e vivo, ai Deus, e (dígovos) onde está.
(VI) Vós preguntádesme polo voso amado, e eu ben vos digo que está vivo e san, ai Deus, e (dígovos) onde está. 
(VII) E eu ben vos digo que está san e vivo, e estará convosco antes de rematar o prazo, ai Deus, e (dígovos) onde está.
(VIII) E eu ben vos digo que está vivo e san, e estará convosco antes de pasar o prazo, ai Deus, e (dígovos) onde está.

Métrica


Esquema métrico: 8 x 10’a 10’a 5B (I-IV) + 11'a 11'a 5B (V-VIII) (= RM 26:85)

Encontros vocálicos: 11 miá

 

Notas


Texto
  • *

    Nótese como a primeira parte da cantiga (vv. 1-12), a pregunta aos pinos, ten versos decasilábicos, fronte á segunda (vv. 13-24), a resposta, con versos hendecasilábicos (sobre as diversas rimas asoantes en varios dísticos da composición, véxase nota á cantiga 583).

    O texto do poema no Cancioneiro da Vaticana presenta unha deficiente copia, con inversión dos vv. 8 e 11 e coa omisión da estrofa V. Porén, na recente edición crítica de Correia, deféndese a preeminencia da versión do Cancioneiro da Vaticana nesta cantiga, con consecuencias importantes na fixación do texto nas estrofas III e IV, coa ruptura do sistema rimático (véxase Correia 2022: 22-27).

    No que se refire á articulación xeral do texto da cantiga, a variación editorial máis transcendente abala entre dúas decisións contraditorias: a) a consideración do refrán como un elemento (semi)autónomo, de caracter interrogativo e/ou exclamativo na primeira parte da cantiga (estrofas I-IV), que se converte en pregunta directa da amiga nas catro últimas en diálogo coas flores do verde pino (estrofas V-VIII); ou b) a integración sintáctica do refrán nun continuum semántico-expresivo de cada estrofa, ao longo de toda a cantiga, opción e interpretación de Correia que adoptamos: «Quanto ao segundo conjunto de estrofes, não há, na realidade, nada que nos impeça de fazer a mesma leitura gramatical, incluindo o refrão na resposta das flores. É certo que o refrão mudaria assim de significado: deixaria de constituir uma interrogação e passaria a ser o cerne da promessa com que as flores do pinheiro procuram tranquilizar a rapariga apaixonada e aflita na circunstância da ausência inexplicada do namorado. Ou, dito de outra forma, a promessa com que a rapariga, alimentando a esperança, procura reduzir a angústia das suspeitas e desconfianças» (ib.: 29).

  • 1

    A forma pino (< pinum), con manutención de -n- intervocálico (cfr. pinho en 587.3 e 9 e mais en 1489.13) forma parte do grupo de arcaísmos típicos das cantigas de amigo (véxase tamén 922.2 e 7), que contrastan coa forma xeral pinheiro (<pinarium) na lingua medieval, con diversas grafías (pineiro ~ pineyro, pinheiro etc., véxase CGPA, s.v.). No entanto, o propio Don Denis utiliza a forma evoluída pinho noutra cantiga de amigo (587.3 e 9).

  • 8

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

  • 14

    O adxectivo sano nesta cantiga (tamén nos vv. 17, 19 e 22), como outras voces que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (Granada, irmana, louçana, pino, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que tal arcaísmo fonético pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 23

    A variante verbal trisilábica seera do v. 19 aconsella restaurar a mesma forma tamén no v. 23 para conseguir a isometría versal.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar