585 [= RM 25,43]
Ai flores, ai flores do verde pino

– Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo?
Ai Deus, e u é?
Ai flores, ai flores do verde ramo,
se sabedes novas do meu amado?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pôs con migo?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amado,
aquel que mentiu do que mi á jurado?
Ai Deus, e u é?
– Vós me preguntades polo voss’amigo,
e eu ben vos digo que é san’e vivo.
– Ai Deus, e u é?
– Vós me preguntades polo voss’amado,
e eu ben vos digo que é viv’e sano.
– Ai Deus, e u é?
– E eu ben vos digo que é san’e vivo,
e seera vosc’ant’o prazo saido.
– Ai Deus, e u é?
– E eu ben vos digo que é viv’e sano,
e se[e]ra vosc’ant’o prazo passado.
– Ai Deus, e u é?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 568, V 171

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 75-76 [= LPGP 176]); Nunes (1973 [1928]: 19-20); Cohen (2003: 601); Littera (2016: I, 220-221); Fassanelli (2021: 60-62).
II. Outras edicións: Moura (1847: 139-141); Monaci (1875: 69); Braga (1878: 34-35); Machado & Machado (1952: III, 191-192); Cohen (1987: 50-51); Júdice (1997: 61); Montero Santalha (2004); Corral Díaz & Vieira (2023: 185); Gutiérrez (2023: 153).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 177-178); Tavares (1943 [1923]: 45); Cidade (1941: 1-2); Pimpão (1942: 64); Seoane (1941: 142-143); Nemésio (1961 [1949]: 192-193); Fernández Pousa (1951: 105-106); Bernárdez (1952: 44); Varela Jácome (1953: 55); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 127-128); Nunes (1959: 387-388); Oliveira & Machado (1959: 115-116); Vasconcellos (1959: 32-33); Tavares (1961: 40-41); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 81); Álvarez Blázquez (1975: 232-233); Landeira Yrago (1975: 280-281); Torres (1977: 250-251); Reckert & Macedo (1980: 193-194); Fiúza (1981: 86-88); Gonçalves & Ramos (1983: 292); Beltrán (1987: 39-40); Deluy (1987: 60-61); Dobarro Paz et alii (1987: 93); Ferreira (1988: 85); Alvar & Beltrán (1989: 376); Pena (1990: 163-164); Sansone (1990: 310-312); Ferreira (1991: 73-74); Jensen (1992: 76); Alonso Girgado (1992: 8); Pena (1993: 96-97); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 34); Vallín (1999: 15-16); Arias Freixedo (2003: 383-384); Magalhães (2007: 109); Alvar & Talens (2009: 592); Fidalgo (2009a: 100); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 29); Souto Cabo (2017: 74).

Variantes manuscrites


4 flores] f(o)lores V   5 sabedes] sabede B   6 Deus] des V   7-8 Se sabedes nouas domeu amigo / aq̄l q̄ mētiu do q̄mha iurado V   8 pôs] pꝯ BV   9 Deus] des V   10-11 Se sabedes nouas domeu amado / aq̄l q̄ mētiu do q̄ pꝯ cōmigo V   12 Deus] des V   13 amigo] amado B   13-15 om. V   18 Deus] des V   21 Deus] des V   24 Deus] des V

Variantes éditoriales


1 pino] pĩo Nunes   4 flores] f(o)lores Lang   8 con migo] commigo Lang : comigo Nunes   11 á] a Lang   17 sano] são Nunes   19 san’e] sã’e Nunes   20 seera] será Lang, Cohen, Fassanelli; vosc’] vosco Cohen   22 sano] são Nunes   23 se[e]ra vosc’] será vosc’ Lang, Fassanelli : sera vosc[o] Cohen, Littera

Paraphrase


(I) –Ai flores, ai flores do verde piñeiro, sabedes novas do meu amigo? Ai, Deus, e onde está?

(II) –Ai flores, ai flores do verde ramo, sabedes novas do meu amado? Ai, Deus, e onde está?

(III) Sabedes novas do meu amigo, aquel que faltou á verdade do que acordou comigo? Ai, Deus, e onde está?

(IV) Sabedes novas do meu amado, aquel que faltou á verdade do que me xurou? Ai, Deus, e onde está?

(V) –Vós preguntádesme polo voso amigo, e eu ben vos digo que está san e vivo.

Ai, Deus, e onde está?

(VI) –Vós preguntádesme polo voso amado, e eu ben vos digo que está vivo e san.

Ai, Deus, e onde está?

(VII) –E eu ben vos digo que está san e vivo, e estará convosco antes de rematar o prazo.

Ai, Deus, e onde está?

(VIII) –E eu ben vos digo que está vivo e san, e estará convosco antes de pasar o prazo.

Ai, Deus, e onde está?

Métrique


Esquema métrico: 8 x 10’a 10’a 5B (I-IV) + 11'a 11'a 5B (V-VIII) (= RM 26:85)

Encontros vocálicos: 11 miá

 

Notes


Texte
  • *

    Nótese como a primeira parte da cantiga (vv. 1-12), a pregunta aos pinos, ten versos decasilábicos, fronte á segunda (vv. 13-24), a resposta, con versos hendecasilábicos.
    Por outra banda, sobre as diversas rimas asoantes en varios dísticos da composición, véxase nota á cantiga 583.
    O texto desta cantiga no Cancioneiro da Vaticana presenta unha deficiente copia, con inversión dos vv. 8 e 11 e coa omisión da estrofa V.

  • 1

    A forma pino (< pinum), con manutención de -n- intervocálico (cfr. pinho en 587.3 e 9 e mais en 1489.13) forma parte do grupo de arcaísmos típicos das cantigas de amigo (véxase tamén 922.2 e 7), que contrastan coa forma xeral pinheiro (<pinarium) na lingua medieval, con diversas grafías (pineiro ~ pineyro, pinheiro etc., véxase CGPA, s.v.). No entanto, o propio Don Denis utiliza a forma evoluída pinho noutra cantiga de amigo (587.3 e 9).

  • 8

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

  • 14

    A forma sano nesta cantiga (tamén nos vv. 17, 19 e 22), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (Granada, irmana, louçana, pino, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que tal arcaísmo fonético pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 23

    A forma verbal trisilábica seera do v. 19 aconsella restaurar a mesma forma tamén no v. 23 para conseguir a isometría versal.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé