817 [= Tav 154,2]
Amigo, que cuidades a fazer

– Amigo, que cuidades a fazer
quando vos ora partirdes d’aqui
e vos nembrar algũa vez de mí?
– Par Deus, senhor, quero-vo-lo dizer:
chorar muit[o] e nunca fazer al
senon cuidar como mi faz Deus mal
en me partir de nunca ja saber
vosso mandado, nen ũa sazon,
nen vos falar se per ventura non;
mais este conforto cuid’a prender:
chorar [muito e nunca fazer al
senon cuidar como mi faz Deus mal]
en me partir de vosso parecer
e d’u soia convosc’a falar,
ca mi valera máis de me matar;
mais este conselho cuid’i aver:
chorar [muito e nunca fazer al
senon cuidar como mi faz Deus mal].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 820, V 405

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 204-205); Majorano (1979: 114-115 [= LPGP 965]); Cohen (2003: 276); Littera (2016: II, 514-515).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 152); Braga (1878: 76); Machado & Machado (1953: IV, 130).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 48-49).

Variantes manuscritas


4 quero-vo-lo] om. B   7 en] Cn B; nunca] nuca B   9 ventura] uentᵉa B : uen uentea V   13 de] da V

Variantes editoriais


2 vos] vus Majorano   3 vos] vus Majorano   8 nen ũa] nẽũa Littera   9 vos] vus Majorano   15 valera] val[v]era Cohen, Littera

Paráfrase


(I) –Amigo, que pensades facer cando vos agora vaiades de aquí e vos lembredes algunha vez de min? –Por Deus, señora, quérovolo dicir: chorar moito e non facer nunca nada máis que pensar como me fai mal Deus (II) en me apartar de saber nunca, en ningún momento, novas de vós, e de falar convosco, se non é por acaso; mais penso consolarme con isto: chorar moito e non facer nunca nada máis que pensar como me fai mal Deus (III) en me apartar do voso rostro e de onde adoitaba falar con vós, que me valera máis que me matase; mais coido que niso hei ter este auxilio: chorar moito e non facer nunca nada máis que pensar como me fai mal Deus.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:235)

Encontros vocálicos: so·i·a

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), nin teña ese carácter na edición crítica de Majorano.

  • 14

    Na lingua trobadoresca o verbo soer aparece en complexos verbais (soer + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase 29.16, 371.28, 723.2, 1074.42, 1382.4, 1621.9, 1622.8). Cfr. nota a 3.17.

  • 15

    Non é pertinente a emenda val[v]era realizada por Cohen (e Littera). Valera é a forma de antepretérito regularizada do verbo valer (véxase Mariño Paz 2000), presente con frecuencia no corpus das cantigas: 26.9, 483.9, 1055.24, 1056.r1, 1104.10 etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado