I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 571-572 [= LPGP 308]); Littera (2016: I, 340-341).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 202-203); Braga (1878: 108); Carter (2007 [1941]: 168-169); Machado & Machado (1953: IV, 357-358); Montero Santalha (2004); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 253); Souto Cabo (2017: 85).
1 Os] s A 5 en] eu BV 8 ca] Que B : q̅ V 9 da] Dꝯ B : dꝯ V; por] pa B 10 -an] au B 15 ca] om. BV 16 se lles] ca selhis BV; agora] ora A 17 logar] loḡr V 20 ende o] endo BV 21 direi-vos] direy uos A : diseyuos B : dyreyuos V; razon] zazon B 22 non] n̄o V
6 poderán] poderan Michaëlis 7 poderán] poderan Michaëlis 12 poderán] poderan Michaëlis 13-16 Semella que foi por seu mal / quanto prazer viron enton, / ca non jaz i se morte non / se lles Deus agora non val] Quanto prazer viron enton / semella que foi por seu mal / ca, se lhes Deus ora non val / non jaz i [al] se morte non Michaëlis, Littera 18 poderán] poderan Michaëlis 21 vos] vus Michaëlis 22 devi’a gradecer] devia gradecer Michaëlis, Littera 24 poderán] poderan Michaëlis
(I) Os meus ollos, que foron ver a miña señora a seu pesar, moi mal coidaron de si, que non poderían peor, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.
(II) Sei que non poderán durmir, porque viron a fermosura da que os fai chorar, e han de o lamentar, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.
(III) Semella que foi por mal deles canto pracer viron entón, pois non hai outra saída que a morte se Deus agora non os socorre, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.
(IV) Cando (os meus ollos) a viron, o meu corazón sentiu un gran pracer por iso; mais direivos unha cousa: non llo debía de agradecer, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:343)
A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como se percibe nesta pasaxe e noutras moitas: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 981.19 e 26, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .
Por máis que Michaëlis respectase na súa edición a orde dos versos dos códices, a métrica indica a necesidade de emendar esa ordenación, que, sen dúbida, debía estar xa no antecedente dos tres cancioneiros. Aliás, nótese como, por seguir os manuscritos, a editora xermano-portuguesa se viu obrigada a recolocar a causal ca do v. 15 no verso seguinte e, por tanto, manter a lección agora de A (v. 16), ao tempo que tivo de compensar metricamente o v. 15.
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> B (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: