68 [= RM 151,9]
Ome que gran ben quer moller

Ome que gran ben quer moller
gran dereit’á de trist’andar,
ca, se ll’ela non quer prestar,
al do mundo non ll’á mester;
mais que mester lle pod’aver
o que lle non pode toller
tal cuita como sigo ten?
E, se ést’om’a que Deus quer
per algũa ventura dar
dela algun ben, log’a cuidar
dev’esto (se scient’ouver):
ca inda o á de perder,
e creo que dev’a morrer,
se o cuidar, con pesar én.
E tod’ome que se poder
per algũa guisa guardar
de nunca moller muit’amar
fara bon sén se o fezer,
que, enos dias que viver,
que pesar pode ja prender
eno mundo per outra ren?
Mais quen s’én ben guardar quiser
guarde-se ben de ir a logar
u veja o bon semellar
da mia sennor, se lle Deus der,
que atal fez, end’o poder,
ca, se o vir, log’á d’aver
mui gran cuita sen neun ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 5, B 95

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 13-14 [= LPGP 941]); Littera (2016: II, 535-536).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 33-34); Carter (2007 [1941]: 3-4); Marques Braga (1945: 11-13); Machado & Machado (1949: I, 128-129); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 68).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 105); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 227); Alvar & Talens (2009: 344).

Variants manuscrites


1 Ome] Omen B; molher] a molher B   5 lle] lhi B   6 lle] lhi B, pode] pod A   7 cuita] coyta B   9 ventura] mētira A   10 algun] om. A   11 scient’ouver] reciētoer B   12 ca inda o á] erudādoa B   13 e] bē B; dev’a morrer] deu(e) amorrer A   15 tod’ome] codome B   16 guardar] g̃dar B   19 que, enos dias] ca euꝯ dias B   22 guardar] g̃dar B   23 guarde-se ben de ir a logar] g̃desse bē dir alogʷr B   27 log’á] log(o) a A : logo a B   28 cuita] coyta B; sen] se A, neun] nē hū B

Variants editorials


7 cuita] coita Littera   10 dela] d’el(a) Michaëlis   11 scient’] cient’ Littera   23 de ir] d(e) ir Michaëlis : d’ir Littera   26 atal] a tal Michaëlis, Littera   28 cuita sen neun] coita sen nẽum Littera

Paràfrasi


(I) Aquel que ama moito a unha muller ten moita razón en andar triste, porque, se ela non lle quere corresponder, non precisa de nigunha outra cousa do mundo; mais de que lle servirá o que non lle pode sacar tal coita como ten consigo? 

(II) E se é home a quen Deus quere, por algún azar, concederlle algún ben dela, logo debe pensar isto (se tiver entendemento): que aínda o há de perder, e coido que, se tal pensa, debe de morrer con pesar por iso. 

(III) E aquel que dalgún xeito se puider librar de nunca amar unha muller fará algo asisado, se o fixer, porque, nos seus días de vida, que pesar poderá sufrir xa no mundo por outra causa? 

(IV) Mais quen ben se quixer librar diso gárdese ben de ir a un lugar onde vexa a gran beleza da miña señora, se Deus, que tal a fixo, lle der o poder para o facer, pois, se a vir, logo ha ter unha gran coita sen ningún ben. 

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8d (= RM 167:8)

Encontros vocálicos: 10 delaalgun; 11 sci·en·t(e); 23 deir

Notes


Text
  • 1

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

    Por outra parte, é relativamente frecuente achar nos cancioneiros o acrecentamento do elemento a (artigo ou preposición), como acontece neste verso de B. A lección de A mostra o carácter espurio desa preposición desnecesaria para introducir o CD de querer, que volve aparecer exactamente na mesma construción, de novo como erro, en 226.9: De querer ben [a B] outra moller / punnei eu i á gran sazon. Outras adicións similares de a poden verse en 197.4 e 225.2 (B vs. A), 1000.20 (BV vs. A), 1100.4 (V vs. B) ou 741.7 (BV).

  • 9

    A semántica aconsella acoller a lección de B, interpretando, xa que logo, mentira como un lapso de copia en A; deste xeito, per algu͂a ventura faise equivalente a per ventura, expresión adverbial moi frecuente na poesía profana galego-portuguesa.

  • 11

    Nótese a grafía latinizante en sciente (a semellanza dalgúns verbos de orixe incoativa coa terminación -scer, véxase nota a 117.19) cando é utilizado como substantivo, co valor de ‘entendemento’ (tamén en 1408.21), face a ciente na locución adverbial a ciente (véxase nota a 475.32) e mais na frase formularia (a)quanto é meu ciente (véxase nota a 1328.11).

    A variación ouvesse A ~ oess(e) B, por outra parte, contribúe a apagar as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 12

    A forma reducida inda do adverbio ainda, en xeral precedida de ca , atéstase por veces no corpus (67.21, 853.3, 1093.3, 1099.13), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (véxase nota a 70.9).

  • 19

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como se percibe no presente verso: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A / ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 26

    A deglutinación de atal (<atal> A, <a tal> B) en Michaelis e Littera implica a consideración dun pronome referido á senhor, convertendo tal en adxectivo, face á conveniente manutención de atal como pronome indefinido. Véxase nota a 14.49.

  • 28

    No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat

    Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
    Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies:

    ConfiguracionsAcceptar