I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 41-42); Beltrami (1974: 46 [= LPGP 880]); Littera (2016: II, 419).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 144-145); Machado & Machado (1950: II, 281); Rios Milhám (2018b: III, 428).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 800-801); Neves (2004: 38).
4 morrer] moirer B 8 sol] fol B; u a] hūa B; morrerei] moirerey B 13 mi assi] mhassy? B
7 que] que [eu] Nunes; [e]] om. Nunes, Beltrami
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:218)
Encontros vocálicos: 9 u‿a; 13 mi‿assi
Perante a hipometría do verso, a mellor opción parece a reintegración da copulativa, polo paralelismo co v. 13, mellor do que incorporar eu (Nunes) ou deixar o verso hipométrico (Beltrami).
Por correspondencia paralelística coas outras estrofas e tamén por contraste coa primeira parte do verso (e para que teña sentido o último refrán), semella que falta o adverbio de negación (u a non vir), feito sinalado por Rios Milhám. É certo que podería ter sentido a súa ausencia, mais iría en contra do xogo de antíteses rexistradas en toda a cantiga entre formulacións do tipo se a vir / pois que a vir / sol que a vir vs. u a non vir.