[last revised: 20/08/2021]Print

683 [= Tav 75,19]
Que boas novas que oj’oirá

Que boas novas que oj’oirá
o meu amigo quando lh’eu disser
ca lhi quer’eu maior ben ca m’el quer,
e el enton, con ben que lhi sera,
non sabera como mi á gradecer
nen que mi diga con tan gran prazer,
ca lhi direi ca mui melhor ca mí
lhi quer’eu ja, nen ca meu coraçon
nen ca meus olhos, se Deus mi perdon;
e, pois que lh’eu tod’esto meter i,
non sabera como mi á gradecer
[nen que mi diga con tan gran prazer].
E outro prazer vos direi maior
que vos eu dixi, que lh’oj’eu direi
que viva mig’ (assi non morrerei),
e, pois que lh’eu disser tan grand’amor,
non sabera como [mi á gradecer
nen que mi diga con tan gran prazer].
O que el deseja máis d’outra ren
lhi direi oje tanto que o vir,
ca lhi direi ca non posso guarir,
tal ben lhi quero, e el enton con ben
non sabera como mi á gradecer
[nen que mi diga con tan gran prazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 667, V 270

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 93-94 [= LPGP 495-496]); Cohen (2003: 154); Littera (2016: I, 570).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 103); Braga (1878: 52); Machado & Machado (1952: III, 340).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 28-29).

Manuscript variants


2 quando] qūdo B   9 perdon] pardon B   11 como] coma V   15 morrerei] moirerey B   16 disser grand’amor] dis g̃radamor B   22 quero] q̅re BV

Editorial variants


1 boas] bõas Cohen   5 á gradecer] agradecer Nunes, Cohen, Littera   11 á gradecer] agradecer Nunes, Cohen, Littera   17 á gradecer] agradecer Nunes, Cohen, Littera   22 quero] quer’ Nunes   23 á gradecer] agradecer Nunes, Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Que boas noticias oirá hoxe o meu amigo cando eu lle dixer que o amo máis do que el me ama, e el entón, co gozo que sentirá, non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer, (II) porque lle direi que moito mellor que a min mesma o amo xa, nin ca o meu corazon nin ca os meus ollos, así Deus me perdoe; e logo que eu todo isto alí lle dixer, non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer.

(III) E direivos outro pracer maior do que vos eu dixen: que hoxe eu lle direi que viva comigo (así non morrerei), e así que eu lle dixer tan gran (mostra de) amor, non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer.

(IV) O que el desexa máis que ningunha outra cousa lle direi hoxe logo que o vir, porque lle direi que non podo vivir, de tanto que o amo, e el entón co gozo non saberá como me agradecer nin que dicirme, con tan gran pracer.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:134)

Encontros vocálicos: 1 oi·rá; 5 mi‿á; 11 mi‿á; 17 mi‿á; 22 quero,‿e; 23 mi‿á

Notes


Text
  • 5

    Ningún dos editores precedentes (Nunes, Cohen, Littera) interpretou correctamente a lección unánime <mha gradecer>, que implica a perífrase verbal aver + gradecer (mi á gradecer), coa forma verbal concorrente de gracir, anterior á moderna agradecer, con reforzo protético.

  • 7

    Se na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (177.22, 261.8-9, 530.4, 531.r, 549.7743.15-16830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 9

    É necesaria a emenda da forma *pardon (<pardon>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 10

    Nótese que meter neste verso significa ‘dicir, expresar’, acepción que volve aparecer en 1120.9.

  • 13-15

    Este período presenta unha sintaxe complexa que dificulta a puntuación e, inclusive, a dereita interpretación da pasaxe: ‘E outro pracer maior do que vos dixen vos contarei: que hoxe eu direille que viva comigo ...’.

Search
    No results