412 [= Tav 114,16 (= 157,43)]
Pois mia ventura tal é, pecador

Pois mia ventura tal é, pecador,
que eu ei por moller mort’a prender,
muito per-devo a Deus a gradecer
e a servir, enquant’eu vivo for,
porque moiro, u mentira non á,
por tal moller que quen a vir dira
que moiro eu ben (morrer por tal sennor!),
ca, pois eu ei tan gran coita d’amor
de que ja muito non posso viver,
muit’é ben saberen, pois eu morrer,
que moiro con dereit’; e gran sabor
ei eu desto, mais mal baratará,
pois eu morrer, quen mia sennor vera,
ca morrerá como eu moir’ou peor,
ca non á no mundo tan sofredor
que a veja que se possa sofrer
que lle non aja gran ben de querer;
e por esto baratará mellor
non a veer, ca ren non lle valra
e per força ben assi morrerá
com’eu moiro, de ben desejador;
mais eu, que me faço consellador
d’outros, devera pera min prender
tal consello, mais foron-mi-o toller
meus pecados porque vi a mellor
moller que nunca naceu nen sera
e moiro por ela! Pero que á?
Moiro mui ben se end’é sabedor
ela, pero sei que lle plazera
de mia morte, ca non quis nen querra
nen quer que eu seja seu servidor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


A 253

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 494-495); Cunha (1999 [1945]: 129-130); Monteagudo (1984: 353-354 [= LPGP 719]); Littera (2016: II, 222-223).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 208-209), Carter (2007 [1941]: 147-148); Machado & Machado (1960: VII, 44-45); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 412).

Variantes manuscritas


7 moiro eu] moiro\eu/ A   3 a gradecer] {a} gradeçer A   24 forū A   28 end'é sabedor] ende (a sabor) {sabedor} A

Variantes editoriais


3 devo] dev(o) Michaëlis : dev’ Cunha   4 moiro eu] moir’eu Michaëlis, Cunha, Monteagudo, Littera   6 quen a] que’-na Michaëlis : quẽ-na Cunha   7 moiro eu ben (morrer por tal sennor!)] moir’eu ben-morrer por tal senhor Michaëlis : moyro bem morrer por tal senhor Cunha : moir’eu ben morrer por tal sennor Monteagudo   14 como] com(o) Michaëlis : com’ Cunha   19 non a] no’-na Michaëlis : nõ-na Cunha   26 naceu] nasceu Michaëlis   29 plazera] prazerá Michaëlis

Paráfrase


(I) Pois a miña sorte é tal, infeliz de min, que teño que recibir morte por causa dunha muller, moito debo agradecer a Deus e a ela servila, en canto eu estiver vivo, porque morro, e non digo mentira, por tal muller que quen a vexa dirá que morro eu ben –morrer por tal señora!–, (II) porque, xa que eu teño tan gran coita de amor pola que xa non podo vivir moito, está moi ben que saiban, despois de eu morrer, que morro con razón; e moito desexo teño eu disto, mais mal fará quen, despois de eu morrer, vexa a miña señora, pois morrerá como eu morro ou peor, (III) porque non existe no mundo ninguén tan sufridor que a vexa e que poida soportar que ela non lle vaia corresponder; e por iso fará mellor negocio en non a ver, pois de nada lle valerá e por forza morrerá así como eu morro, (como) desexador de ben; (IV) mais eu, que me fago aconsellador doutros, debera para min adoptar tal remedio, mais priváronme del os meus pecados porque vin a mellor muller que naceu nin que existirá e morro por ela! Mais que acontece? Morro moi ben se de tal é coñecedora (1) ela, aínda que sei que sentirá pracer pola miña morte, pois non quixo nin quererá nin quere que eu sexa o seu servidor.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 161:69)

Encontros vocálicos: 3 devo‿a; 7 moiro‿eu; 14 como‿eu; 24 -mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta composición tamén é considerada anónima.
    A cantiga non foi editada como ateúda en ningún dos editores anteriores. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 5

    A expresión u mentira non á (‘sen dúbida, certamente’) constitúe unha frase formularia equivalente a u al non á (con diversas variantes) ou ás construídas co verbo jazer (u non jaz al ~ u al non jaz).

  • 7

    A interpretación dos editores anteriores (Michaëlis, Cunha, Monteagudo), coa puntuación que presentan, non ten sentido, xa que a única posibilidade é considerar que morrer por tal sennor! constitúe unha frase parentética, sen que no corpus se rexistren as expresións morrer ben-morrer ou morrer mal-morrer.

  • 21

    Desejador é formación lexical exclusiva de Paaio Gomez Charinho e mais doutros dous trobadores: Joan Meendiz de Briteiros (857.9) e Don Denis (548.21).

  • 24

    Probabelmente a lección <forū> de A deba a vogal final <u> ao desenvolvemento dunha forma <forꝝ> do antígrafo.

  • 27

    Nótese a pregunta retórica Pero que á?, onde aver ten o valor de ‘acontecer, pasar’ (véxase Glosario, s.v. aver), que é respondida polo propio trobador no final da cantiga.

  • 29

    Fronte ao xeral prazer (nome e/ou verbo) este verso rexístrase a variante plazer, sen dúbida minoritaria en relación a prazer (véxanse tamén 7.4420.23, 62.3102.11, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións  cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).

Procurar
    Não foram encontrados resultados