[last revised: 31/05/2020]Print

162 [= Tav 106,12]
Ora vej’eu que me non fara ben

Ora vej’eu que me non fara ben
a mia sennor, pois me mandou dizer
que me partisse de a ben querer;
pero sei eu que lle farei por én:
mentr’eu viver, sempre lle ben querrei,
e sempre a ja «sennor» chamarei.
 
 
 
 
5
 

Manuscripts


A 73, B 186

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 157 [= LPGP 688]); Pousada Cruz (2013: 148); Littera (2016: II, 179).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 75); Carter (2007 [1941]: 44); Machado & Machado (1949: I, 285-286); Camargo et alii (1995: 60); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 162).

Manuscript variants


1 me] mj B   2 me] mj B; mandou] mando A   3 de a] delhi B   4 lle] lhi B   5 mentr’eu] lemeutren B; lhe] lhi B; querrei] querei A   6 sempre] senpr A

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= Tav 160:181)

Notes


Text
  • *

    En B rexístrase unha anotación colocciana indicando o carácter monoestrófico da composición (vna stanza). Porén en A despois desta primeira estrofa hai espazo reservado para máis dúas cobras. Certamente, é habitual na poética das cantigas de amor que unha a estrofa inicial fechada e con sentido pleno sexa desenvolvida en estrofas posteriores por medio dos procedementos da amplificatio, polo que é moi probábel que o texto nos chegase incompleto.

  • 2

    O feito de o Cancioneiro da Ajuda ser probabelmente copiado en Castela podería explicar algúns casos de <o> por <ou>, eventuais castelanismos de copia no códice do Palácio da Ajuda: <o> ou (131.28, 225.13), <mando> mandou (162.2), <otri> outri (279.4), <uo> vou(-a) (346.1)1 ; a similar causa obedecerían as formas con aparente monotongacion de <ei> en A (acordei <acorde> A, 247.16; primeiro <pⁱmero>/<primero> A, 176.9, 196.15 e 300.13; Nogueira <noguera> A, 1235.5). Véxase tamén nota a 90.14 e 122.17.

  • 3

    A dupla transmisión textual mostra como o verbo querer admite un duplo réxime: querer + CD (de a ben querer, no Cancioneiro da Ajuda) / querer + CI (de lhi ben querer, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional).

  1. ^

    En diversos contextos, o ditongo vai seguido de vogal, circunstancia que podería explicar unha redución do ditongo semellante á producida esporadicamente no encontro da P3 de pretérito dos verbos da primeira conxugación cando vai seguido de pronome (véxase Ferreiro 1999: §23b).

Search
    No results