[last revised: 18/05/2021]Print

531 [= Tav 25,64]
Ora, senhor, non poss’eu ja

Ora, senhor, non poss’eu ja
per nen ũa guisa sofrer
que me non ajan d’entender
o que eu muito receei,
ca m’entenderán que vos sei,
senhor, melhor ca min querer.
Esto receei eu muito á;
mais esse vosso parecer
me faz assi o sén perder
que des oimais, pero m’é greu,
entenderán que vos sei eu,
senhor, melhor ca min querer.
Vós veed’en como sera,
ca, par Deus, non ei ja poder
que en min non possa veer
quen quer que me vir des aqui
que vos sei eu, por mal de min,
senhor, melhor ca min querer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 524a, V 117

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 37-38 [= LPGP 207]); Nunes (1972 [1932]: 128-129); Littera (2016: I, 186).
II. Outras edicións: Moura (1847: 55-56); Monaci (1875: 50); Braga (1878: 24); Machado & Machado (1952: III, 89-90); Júdice (1997: 112); Montero Santalha (2004).

Manuscript variants


4 eu] en BV; receei] rece\e/y V   6 ca min] caznī B : cami V   12 min] mi V   13 Vós veed’en] Veedē uos B

Editorial variants


2 per nen ũa] por nenhunha Lang : nẽũa Littera   5 entenderán] entenderan Nunes   6 min] mi Lang, Littera   7 muito] muyt(o) Nunes : muit’ Littera   11 entenderán] entenderam Nunes   12 min] mi Lang, Littera   13 en] en Littera   17 vos] vós Lang; min] mi Nunes, Littera

Paraphrase


(I) Agora, senhor, xa non podo soportar de ningún xeito que non me entendan o que eu moito temín, pois entenderán que eu vos sei, senhor, querer mellor que a min mesmo.

(II) Temín isto desde hai moito tempo; mais esa vosa fermosura me fai perder o siso de tal xeito que de hoxe en diante, aínda que me é doloroso, entenderán que eu vos sei senhor, querer mellor que a min mesmo.

(III) Vós vede o que vai acontecer, pois, por Deus, non hei poder (impedir) que en min non poida ver calquera que me vir de agora en diante, que vos sei eu, para desgraza miña, senhor, querer mellor que a min mesmo.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8B (= Tav 193:4)

Encontros vocálicos: 7 muito‿á

Notes


Text
  • 6

    Nótese a variación lingüística de V (mi), face a B (min) no refrán das estrofas I-II, que Lang acolleu tamén para a terceira.

    Na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), e o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (177.22, 261.8-9, 530.4, 549.7, 683.7, 743.15-16830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 10

    Neste verso comparece novamente provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

Search
    No results