1019 [= Tav 63,53]
O voss’amig’á de vós gran pavor

O voss’amig’á de vós gran pavor,
ca sab’el que vos fazen entender
que foi, amiga, de vós mal dizer;
mais voss’amigo diz end’o melhor:
que de quanto disse de vós e diz
vó-lo julgad’assi come senhor,
ca diz que non quer i outro juiz.
Queixades-vos del, mais, se Deus quiser,
saberedes a pouca de sazon
que nunca disse de vós se ben non,
nen dira, mais diz quant’i á mester:
que de quanto disse de vós e diz
vó-lo julgade como vos prouguer,
ca diz que non quer i outro juiz.
Rogou-m’el muito que vos jurass’eu
que nunca disse de vós senon ben,
nen o dira, e ar diz outra ren,
e non á máis que diga, cuido-m’eu:
que de quanto disse de vós e diz
vós julgad’i o voss[o] e o seu,
ca diz que non quer i [outro juiz].
[E] filhad’o seu preito, como diz,
sobre vós, e conselho-vo-lo eu,
e non ponhades i outro juiz.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1015, V 605

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 265-266); Rodríguez (1980: 176 [= LPGP 396-397]); Cohen (2003: 548); Littera (2016: I, 447).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 216); Braga (1878: 116); Machado & Machado (1956: V, 8-9); Fernández Pousa (1959: 238).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 74-75).

Variantes manuscritas


6 julgad’assi] uilgadassy V   7 juiz] Juiyz V   9 a] e V   13 julgade] uilgate V   17 nen] Non B : non V   20 julgad’i] uulgadi V

Variantes editoriales


Nunes presenta un refrán de tres versos pola incorporación do v. 6 de cada estrofa ao retrouso, anulando o seu carácter intercalar. 

6 come] como Rodríguez   13 julgade] julgad’assi Nunes   22 [E] filhad’o seu preito, como diz] Filhad’o seu preito, como [el] diz Nunes, Rodríguez, Littera : Filhad[e] o seu preito, como diz Cohen

Paráfrasis


(I) O voso amigo ten de vós gran medo, porque el sabe que vos fan entender, amiga, que foi falar mal de vós; mais o voso amigo di sobre iso o mellor: que, de canto dixo de vós e di, o xulguedes vós como señora del, pois di que non quere outro xuíz.

(II) Queixádesvos del, mais, se Deus quixer, saberedes moi axiña que nunca dixo de vós nada máis que ben, nin dirá, mais di canto é preciso sobre isto: que, de canto dixo de vós e di, o xulguedes vós como vos prouguer, pois di que non quere outro xuíz.

(III) Rogoume el moito que vos xurase eu que nunca dixo de vós nada máis que ben, nin o dirá, e tamén di outra cousa, e non hai máis que poida dicir, penso eu: que, de canto dixo de vós e di, vós xulguedes o voso e o seu (a relación entre ambos), pois di que non quere outro xuíz.

(IV) E aceptade o seu preito so a vosa autoridade, como el di, aconséllovolo eu, e non metades aí outro xuíz (non teñades en conta o que outros digan).

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10a 10C (= Tav 156:2) + 10c 10a 10c

Notas


Texto
  • 9

    A pouca de sazon, tamén en 992.4, é unha locución adverbial temporal (‘de aí a pouco tempo’) que alterna con en pouca de sazon, en 1641.17, ambas as dúas con escasa presenza no corpus das cantigas profanas, aínda que se localiza noutras obras medievais. Así, nas Cantigas de Santa Maria:
              Depoi-lo Emperador se foi. A mui pouca de sazon
              catou seu irmão a ssa moller e namorou-s’enton
              dela, e disse-lle que a amava mui de coraçon (CSM 5.33).
    Tamén na Crónica Geral de Espanha de 1344: E assi acõteceo depois a pouco tempo, ca, logo a pouca de sazon, lhe tomou el rey dom Fernando a Andaluzia, donde elle era senhor (Cintra 1990: IV, 388).

  • 13

    Nótese como Nunes modificou o inicio do verso arrastrado pola súa inclusión no refrán.

  • 18

    Cuido-m’eu ~ coido-m’eu constitúe unha frase formularia aseverativa que é utilizada con bastante frecuencia no corpus (36.10, 114.18, 115.17, 219.4, 1368.11, 1611.19 e 1626.5), converténdose así nunha alternativa a expresións como a meu cuidar, segundo meu sén etc.

  • 22

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19. Neste sentido, resulta moito máis económica a reintegración da copulativa do que calquera outra intervención no texto, tal como todos os precedentes editores propoñen.

Buscar
    Sin resultados