219 [= Tav 43,12]
Quan muit’eu am’ũa moller

Quan muit’eu am’ũa moller
non o sabe Nostro Sennor,
nen ar sabe quan gran pavor
ei oj’eu dela, cuido-m’eu,
ca, se o soubesse, sei eu
ca se doeria de mí
e non me faria assi
querer ben a que me mal quer.
Pero que dizen que negar
non xe lle pode nulla ren
que El non sábia, sei eu ben
que aind’El non sabe qual
ben ll’eu quero nen sab’o mal
que m’ela por sí faz aver,
ca, se o soubesse, doer-
-s’-ia de mí, a meu coidar,
ca Deus de tal coraçon é
que, tanto que sabe que ten
eno seu mui gran coita alguen,
que logo ll’i consello pon;
e por esto sei eu que non
sab’El a coita que eu ei,
nen eu nunca o creerei
por aquesto, per bõa fe.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 119, B 235

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 247-248); Spampinato Beretta (1987: 96-97 [= LPGP 295]); Littera (2016: I, 320-321).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 100-101); Carter (2007 [1941]: 72-73); Machado & Machado (1949: I, 382-383); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 219).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 76-77); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 63).

Variantes manuscritas


1 Quan] uan A   3 nen ar sabe] (nen ar sabe) / nr̄o sennor) ne ar sabe A   6 mí] min A   7 me] mj B   8 que me] quen mj B   10 lle] lhi B   12 aind’El] antdael B   16 mí] mj̄ B; coidar] cuydar B   19 coita alguen] cuytalguē B   23 o] a B

Variantes editoriais


2 non no] non o Spampinato Beretta : non’o Littera   8 que] quem Littera   16 coidar] cuidar Michaëlis, Littera   19 coita] coit(a) Michaëlis : coit’ Spampinato Beretta, Littera   20 que] om. Littera; ll’i] lli Spampinato Beretta : lhi Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d 8a (= Tav 200:1)

Encontros vocálicos: 11 sá·bia; 19 coita‿alguen

Notas


Texto
  • 4

    Cuido-m’eu ~ coido-m'eu constitúe unha frase formularia aseverativa que é utilizada con bastante frecuencia no corpus (36.10, 114.18, 115.17, 219.4, 1019.18, 1368.11, 1611.19 e 1626.5), converténdose así nunha alternativa a expresións como a meu cuidar, segundo meu sén etc.

  • 15-16

    Eis outro exemplo de tmese métrica no corpus profano, en que o poeta estabelece un corte entre a base verbal dunha forma futura (pospretérito) con pronome mesoclítico, que pasa, xunto coa desinencia, para o verso seguinte. Tal segmentación versal é tamén presente en 14.25-26, 36.6-7, 47.19-20, 308.11-12, 1138.13-14, 1538.15-16 e 1637.10-11. Cfr. notas a 37.18-19, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4.

  • 18-20

    A conxunción consecutiva que reitérase tras o período parentético: ca Deus de tal coraçon é / que, ... / ..., que logo ll’i consello pon.

  • 19

    O posesivo seu refírese a coraçon (v. 17): ten / eno seu (coraçon) mui gran coita...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado