228 [= Tav 43,7]
Niun consello, sennor, non me sei

Niun consello, sennor, non me sei
a esta coita que me faz aver
esse vosso fremoso parecer;
e, pois aqui tamanna coita ei
u vos vejo, fremosa mia sennor,
que farei ja des que m’eu d’aqui for?
E perdud’ei o dormir, e o sén
perderei ced’, aquant’é meu coidar,
que non sei i consello que fillar;
e, pois mi aqui tamanna coita ven
u vos vejo, fremosa mia sennor,
[que farei ja des que m’eu d’aqui for?]
E nunca eu tamanna coita vi
aver a ome, si Deus me perdon,
a qual oj’eu ei no meu coraçon
por vós; e, pois tal coita ei aqui
u vos vejo, fremosa mia sennor,
[que farei ja des que m’eu d’aqui for?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 128, B 243

A estrofa III só foi copiada no Cancioneiro da Ajuda.

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 258); Spampinato Beretta (1987: 133-134 [= LPGP 292-293]); Littera (2016: I, 325).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 103); Carter (2007 [1941]: 77); Machado & Machado (1949: I, 392-393); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 228).

Variantes manuscritas


1 Niun] Nen hun B   5 u vos] U uus A : Huus B   7 o] eu o A   8 ced’, aquant’é meu coidar] cede qʷnte meu cuydar B   10 mi aqui tamanna coita] maqⁱ tamanha oita B   11 u vos] U uus A : Huus B   13 E nunca] {e} ([N]) n unca A   17 vos] uus A

Variantes editoriales


1 Niun] Nẽum Littera   5 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   11 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   15 a qual] aqual Littera   17 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:53)

Encontros vocálicos: 10 mi‿aqui

Notas


Texto
  • 7

    É esta a única pasaxe en que no Cancioneiro da Ajuda se rexistra unha presenza espuria de eu, relativamente frecuente nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1).

  • 8

    En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ou a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece con frecuencia ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Ora ben, esta formulación presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (tamén en 275.8), que conviven con quant’é meu cuidar (187.9, 549.14, 1186.1) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes aínda máis extensas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).
    Por outra parte, nótese a variación aquanto A vs. quanto B, en liña con outras do tipo atanto / tanto, atal / tal etc.

  • 15

    A forma aqual en Littera, talvez gralla, parece indicar unha hipotética (e inexistente) forma con a- protético similar a aquanto, atanto, atan ou atal.

Buscar
    Sin resultados