82 [= Tav 78,10]
Muitas vezes en meu cuidar

Muitas vezes en meu cuidar
ei eu gran ben de mia sennor,
e quant’ali ei de sabor
se mi ar torna pois en pesar
des que m’eu part’, e nulla ren
me non fica daquel gran ben,
e non me sei consell’achar,
nen acharei, erg’en cuidar,
consell’enquant’eu vivo for,
ca ‘ssi me ten forçad’Amor
que me faz atal don’amar,
que me quer mui gran mal por én,
e, porque non sab’amar, ten
que non pod’om’Amor forçar.
Mais Amor á tan gran poder
que forçar pode quen quiser,
e, pois que mia sennor non quer
esto d’Amor per ren creer,
ja máis seu ben non averei
senon assi como mi-o ei:
sempr’en cuida-l’o poss’aver,
ca Deus me deu tan gran poder
que, mentre m’eu guardar poder
de fala d’om’ou de moller,
que non poss’este ben perder,
ca sempr’en ela cuidarei
e sempr’en ela ja terrei
o coraçon mentr’eu viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 16, B 109

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 37-38 [= LPGP 514-515]); Littera (2016: I, 630-631).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 39-40); Carter (2007 [1941]: 11); Machado & Machado (1949: I, 152-153); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 82); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 68-69).
III. Antoloxías: Torres (1977: 496); Jensen (1992: 168); Diogo (1998: 34-35); Arias Freixedo (2003: 229-230).

Variantes manuscritas


3 e] et A   4 se mi ar torna] torna semen B   5 part’, e] parto B   7 e non me] <...>rome B   8 erg’en] eu en B   10 ca ‘ssi] casi A : ca se B   11 atal don’] tal dona B   12 me] mj B   14 om’] omē B   16 forçar] foçar B   18 creer] q̄rer B   20 como mi-o ei] comomeu ey B   21 poss’aver] poss(o) auer A   22 me] mj B   23 m’eu guardar] me gʷdar B   24 d’om’ou] dom̄oude B   27 sempr’en] senp’en B

Variantes editoriais


3 e] et Michaëlis   10 ca ‘ssi] c’assi Michaëlis   14 amor] Amor Littera   21 cuida-l’o] cuida-lo Michaelis : cuidá’lo Littera

Paráfrase


(I) Moitas veces nos meus pensamentos gozo eu dun gran ben da miña señora, e canto alí teño de pracer tórnaseme despois en pesar desde que eu deixo de pensar, e nada me resta daquel gran ben, e non sei encontrar solución, (II) nin encontrarei solución en canto eu vivo for, agás en pensar, porque de tal forma me ten forzado Amor que me fai amar unha dona tal que me quere moi mal por iso, e, porque non sabe amar, pensa que Amor non pode forzar a un home. 

(III) Mais Amor ten un poder tan grande que pode forzar a quen quixer, e, xa que a miña señora non quere de forma ningunha crer isto de Amor, xamais eu terei o seu ben se non é así como o teño: sempre no pensamento o podo ter, (IV) porque Deus me deu tan gran poder que, mentres eu me puider gardar das falas de homes e mulleres, non poida este ben perder, pois sempre nela pensarei e sempre nela terei posto o corazón mentres eu viva.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:253)

Encontros vocálicos: 4 mi‿ar; 20 mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta un discorrer sintáctico-discursivo (cun corte medial) próximo ao das cantigas ateúdas (véxase nota á cantiga 1). Porén, na edición de Littera a ruptura sintáctica afecta todas as estrofas, que aparecen isoladas.

  • 3

    A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).

  • 10

    A lección <casi> ca ‘ssi de A (<cassi> nas restantes aparicións no Cancioneiro da Ajuda) mostra perfectamente a resistencia á sinalefa de ca, neste caso de un hipotético *ca‿assi. Precisamente o adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois desta conxunción causal (94.10, 239.10, 290.16, 321.15, 702.11, 983.3, 1022.r2, 1231.7, 1364.r3). Véxanse tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.

  • 11

    Na lingua trobadoresca a forma atal aparece en concorrencia coa forma simple tal, mesmo con convivencia das dúas variantes na mesma composición: 128, v. 17 tal / vv. 12 e 17 atal; 147, vv. 1, 8 e 15 tal / v. 14 atal; 200, vv. 24 e 26 tal / v. 15 atal; 222, vv. 4 e 10 tal / v. 8 atal etc.). Ademais, pode comprobarse como nos diversos manuscritos alternan as dúas formas: 82.11: atal don’amar A vs. tal dona amar B; 128.12 e 17: d’atal A vs. de tal B; 143.9: tenh’atal A vs. tenho tal B; 430.27: co[n]ven tal afan a sofrer A vs. conven atal afan sofrer B. Así mesmo, nalgún caso A ofrece atal onde B ofrece un verso hipómetro (véxase 202.15), ao tempo que B pode presentar a variante atal (vs. tal A) que debe ser corrixida para evitar a hipermetría (167.2, 188.2, 200.15). Cfr. nota a 83.7.

  • 14

    A lección <ome͂> de B implicaría un texto en que non sería posíbel a sinalefa ome‿amor, mostrando como se manifesta o verniz lusitanizante que en ocasións presenta o texto copiado nos apógrafos italianos, con formas omen onde a métrica esixe ome. Véxase nota a 11.22.

  • 21

    Consideramos necesaria a segmentación do CD de aver en -l’o que os anteriores editores non realizaron.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado